A querofobia, tamén coñecida como aversión á felicidade ou medo a ser feliz, é unha actitude cara a felicidade que provoca que un individuo trate de evitar experiencias que poden producir emocións positivas e felicidade.
Causas Unha das principais razóns que provocan o desenvolvemento da querofobia é a falsa crenza de que, se es feliz, algo negativo acontecerá para balancear esa alegría, como se a súa satisfacción merecera un castigo. Esta fobia parece ser máis común nas culturas orientais. En occidente, «tenden a ver a felicidade como un dos valores máis importantes que guían as vidas das persoas e que deben perseguir» xa que estas están máis influenciadas polo impulso de maximizar a felicidade (carpe diem) e minimizar a pena. Se unha persoa non parece externamente feliz pode preocupar as persoas ao seu redor, e que a persoa no estea feliz tende a implicar unha consulta a un psicólogo para tratar de mellorar. O valor que se outorga á felicidade pode verse a través da psicoloxía positiva occidental ou a través da investigación sobre o benestar subxectivo.
O medo á felicidade está asociado ás crenzas sobre a súa fraxilidade. Alguen pode ter medo á felicidade cando pensa que está en perigo e pronto a perderá. A investigación mostra que o medo á felicidade está asociado cos estilos de apego evitativo e ansioso.
As malas experiencias pasadas e os traumas son outras razones que poden estar detrás do medo dunha persoa á felicidade.
Tamén poden rexesitar ser felices mentres outros sofren. É unha actitude similar á reflectida na famosa frase de Theodor Adorno («Escribir poesía despois de Auschwitz é un acto de barbarie»), e igual de equivocada, porque despois de Auschwitz a abundante escritura de poesía non se pode describir como unha barbarie, especialmente se a comparamos con auténticas barbaries da historia (por exemplo o genocidio de Ruanda, o de Bosnia ou o dos rohingyas).
Factores culturais Joshanloo e Weijers identifican 4 motivos para a aversión á felicidade:
a creenza de que a felicidade provocará cousas malas; que unha persoa feliz tende a volverse unha mala persoa; que expresar a felicidade é, dalgún xeito, malo para quen a expresa e para outros; que perseguir a felicidade é malo para quen a persigue e para outros.
Por exemplo, «algunhas persoas —en culturas occidentais e orientais— son precavidas ante a felicidade porque cren que cousas malas, como infelicidade, sufrimento ou morte, tenden a acontecer ás persoas felices».
Estes descubrimentos «poñen en cuestión a idea de que a felicidade é o fin último das persoas, unha crenza que se repite en innumerables artigos e publicacións de autoaxuda sobre qué elección é máis probable que che fagan feliz». Ademais «en culturas onde a felicidade mundanal está asocia co pecado, a superficialidade e a degradación moral, a gente sentirase menos satisfeita cando a súa vida estea ben». Por esta razón pode resultar erróneo tomar directamente as medidas de felicidade persoal como un marcador da satisfacción coa vida. Actitudes coma aversión á felicidade poden ter implicacións importantes para medir a felicidade en diferentes culturas e ordenar de maior a menor os países segundo as súas puntuacións de felicidade
O medo á felicidade pode considerarse un exemplo concreto do diferente que pode ser, segundo a cultura, o afecto ideal (descrito pola teoría de valoración dos afectos), polo cal as culturas varían dependendo de cómo valoran e experimentan emocións diferentes.
Tratamento A querofobia pode remediarse con psicoterapia e terapia cognitivo-comportamentais.
Notas
Véase tamén Outros artigos The Fear of Freedom (libro do psicólogo Erich Fromm) Fobia Índice do planeta feliz
Categoría:Fobias