Alexandre Guerra Corbillón, máis coñecido como Alexandre Corbillón, nado en Celanova o 22 de abril de 2004, é un poeta galego.

Traxectoria Fixo primaria no CEIP Curros Enríquez e secundaria no IES Celso Emilio Ferreiro en Celanova, e comezou os estudos de psicoloxía na Universidade de Lleida en 2022. Nese ano, viaxou a Islandia cunha bolsa de creación literaria da Deputación de Ourense. Actualmente, continúa os seus estudos de psicoloxía e lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.

Publicacións Cristal (2022). Celanova: autopublicación. Libro de poesía con textos en galego e castelán. 119 páxs. . O segredo do trasno (2024). Allariz: Aira Editorial. 152 páxs. ISBN 978-84-128837-7-0. Poesía. Limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Premios Primeiro premio de poesía no Xuventude Crea 2024 Bolsa de creación literaria da Deputación de Ourense no 2022 (Islandia) 2º clasificado no sector Ourense na 10º edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Alexandre Corbillón en Telemiño.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 2004 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Lleida