O tesouro da Avenida da Constitución é un conxunto de moedas de época islámica formado por 1.543 exemplares, dos cales 19 son de ouro –dinares– e o resto de prata –dirhams–. As moedas datan do período taifa –século XI– e foron descubertas en 2009 no marco dunha intervención arqueolóxica preventiva realizada na Avenida da Constitución, da capital valenciana."El "Tesoro de la Avenida Constitución" de Valencia, viaja al MAN". Museu d'História de València (mhv.valencia.es)."El Museu d’Història de Valencia presenta un tesoro compuesto por más de 1.500 monedas árabes". En Valencia Noticias. 2 de noviembre de 2012.
O tesouro pasou a formar parte da exposición permanente do Museo de Historia de Valencia."El conjunto de 1.543 monedas de plata y oro de la avenida Constitución se exhibe desde ayer en el Museo de Historia de Valencia, tras una meticulosa limpieza a punta de bisturí". ArqueologíaMedieval.com. 7 de vovembro de 2012.
Achado e composición Logo da descuberta, o Instituto Valenciano de Conservación e Restauración (Ivacor) mantivo o tesouro custodiado e en espera de restauración no depósito arqueolóxico municipal de Valencia no barrio de Vara de Quart, durante máis de dous anos. A principios de 2012, o Instituto Valenciano de Conservación e Restauración, dirixido por Carmen Pérez, ex directora xeral de Patrimonio, asumiu a restauración."El Museo de Historia presenta el tesoro de Constitución hallado hace tres años". En Levante. 1 de novembro de 2012.
Cando se produciu a descuberta eran os técnicos do Servizo Municipal de Arqueoloxía (SIAM) os que debían encargarse de levar a cabo a limpeza e a separación das moedas, xa que estas apareceron amalgamadas dentro dunha vasilla de cerámica. Levouse a cabo unha primeira limpeza con ultrasóns, e logo as moedas sometéronse a baños controlados en solucións químicas para disolver o óxido; e finalmente, as pezas separáronse mecanicamente a punta de bisturí con axuda dunha lupa binocular. Durante este proceso descubriuse que as moedas de ouro se achaban envoltas nun pano de tecido, separadas do resto.
A zona onde se achou o tesouro debía ser un descampado, probablemente un horto contiguo ao arrabalde de l'Alcúdia, no momento en que se ocultou. O tesouro foi exposto, xunto con outras 149 pezas procedentes de 68 museos de toda España, no Museo Arqueolóxico Nacional (MAN) entre o 10 de outubro de 2017 e o 1 de abril de 2018, no marco da exposición temporal “O poder do pasado: 150 anos de arqueoloxía en España”, organizada por Acción Cultural Española e o Museo Arqueolóxico Nacional, en conmemoración do 150 aniversario desta institución.
As moedas máis antigas deste tesouro datan da época do califa omeia Abd al-Rahman III (929-961), e as máis modernas son moedas fatimís do califa Ali az-Zahir (1021-1036). Este conxunto de moedas pon de manifesto os nexos e as relacións marítimas mediterráneas da Valencia musulmá do século XI (Madinat Balansiya)."El tesoro islámico de la avenida Constitución vuelve a brillar". En Levante. 5 de agosto de 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Museu d'História de València
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Moedas da Idade Media Categoría:Arqueoloxía en España Categoría:Al-Andalus Categoría:Historia da Comunidade Valenciana