Os fondos cotizados, máis coñecidos como ETF (de exchange-traded funds), son cestas de valores compostas por accións que replican normalmente índices ou sectores determinados. A diferenza cos fondos de investimento tradicionais radica en que son fondos que cotizan como calquera outra acción.
Unen, por tanto, dous métodos populares de investimento: proporcionan a axilidade e os baixos custos operativos das accións, pero ademais proporcionan a diversificación dos fondos de investimento.
A flexibilidade dos fondos cotizados é tal que incluso existen opcións e produtos derivados sobre estes.
Como debilidade respecto ós fondos de investimento cómpre dicir que os fondos cotizados non gozan da actual fiscalidade vantaxosa dos primeiros, isto é, a posibilidade de transferir dun fondo a outro sen tributa-los impostos (os fondos tradicionais permiten operar coas plusvalías dos fondos sen ter que aboar as retencións fiscais ata o momento da liquidación do fondo).
Outro método de investimento de crecente popularidade son os fondos de investimento libre ou Hedge Funds. Estes fondos buscan unha maior rendibilidade á custa dunha maior opacidade de cara ó investidor, ao dotar o xestor do fondo dunha maior liberdade operativa para acadar a dita rendibilidade. Non obstante, estes fondos son máis parecidos ós fondos de investimento tradicionais, dado que non cotizan.
Comparativa cos fondos de investimento tradicionais Dous métodos de obter beneficio: revalorización do fondo (mediante a revalorización dos seus activos) ou revalorización da cotización do fondo (pola oferta e a demanda). Normalmente esta última irá asociada á primeira, pero poden xurdir ocos que se traduzan en oportunidades. Transparencia e maior liquidez: ó entrar ou saír dun fondo de investimento tradicional, ó investidor adxudícaselle o prezo ao pechamento da sesión, non no momento de introducir a orde. Isto fainos malas ferramentas en escenarios de elevada volatilidade. Pola contra, nos fondos cotizados, sabemos en calquera momento o prezo ao que cotizan, sendo este o prezo ó que poderemos entrar ou saír, de desexalo. Maior diversificación: normalmente, os fondos cotizados van replicar índices enteiros ou un gran número de accións dun sector determinado, o que se traducirá nunha elevada diversificación do investimento, moito maior normalmente da dos fondos de investimento. Isto proporciona unha menor exposición ós problemas dunha empresa en particular. Independencia dun xestor do fondo: os fondos tradicionais dependen dun ou varios xestores que deciden que valores e en que cantidade compoñen o fondo en cada momento, rotando os activos frecuentemente. Isto provoca unha gran dependencia entre a rendibilidade do fondo e a habilidade do seu xestor. Nos fondos cotizados desaparece a figura do xestor: somos nós quen eliximos o fondo que queremos e os seus compoñentes non van variar dende a súa constitución. Menores custos de xestión: as comisións de xestión dun fondo de investimento rolda o 1,75% de media, mentres que no caso dos fondos cotizados van normalmente dende 0,05% ata o 0,2% e nalgúns casos son consideradas como accións coas súas mesmas comisións.
Categoría:Economía
de:Exchange Traded Funds en:Exchange-traded fund fr:Tracker (finance) he:תעודת סל it:Exchange-traded fund nl:Exchange Traded Fund zh:ETF