TopSat (acrónimo de Tactical Optical Satellite), tamén coñecido como TopSat 1, foi un satélite artificial do Reino Unido lanzado o 27 de outubro de 2005 a bordo dun foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características TopSat foi un microsatélite que usaba o bus STL-150. Foi construído con fondos do Centro Espacial Nacional Británico e o Ministerio de Defensa do Reino Unido. O seu obxectivo principal era demostrar que un microsatélite pode proporcionar imaxes de alta resolución, de ata 2,5 m por píxel, e envialas a terminais en terra no momento da súa obtención.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosmos 3M

Categoría:Satélites artificiais