A Lexión Cóndor foi un grupo de voluntarios da forza aérea da Alemaña nazi, a Luftwaffe, enviado para apoiar ás forzas nacionais durante a Guerra Civil española, o longo da súa tarefa contou con tres comandantes: Hugo Sperrle, Helmuth Volkmann e Wolfram von Richthofen.
miniatura|Tumba de soldados da lexión Cóndor no cemiterio da Almudena (Madrid).
A axuda consistiu tanto en apoio loxístico, transporte de tropas, subministracións etc., como en apoio en accións de ataque con avións de caza e bombardeiros (como o famoso bombardeo de Guernica ou os bombardeos de XixónDocumentación '1936 Xixón 1937' acompañante á exposición "Gijón bajo las bombas/Xixón so les bombes", Antigo Instituto Jovellanos, Xixón 2019), carros de combate e artillaría; nos seus tres anos de vida pasaron pola Lexión Cóndor 18.000 homes, aínda que nunca se superaron os 5.600 nun mesmo período de tempo.
A intervención alemá na Guerra Civil permitiu mellorar a calidade dos seus aparellos e reparar os defectos da súa arma aérea, preparándoa para a ofensiva mundial que Hitler estaba planeando, así se explica a gran cantidade de substitucións, para que puidesen conseguir experiencia de combate o maior número de efectivos posibles.
O número de baixas da Lexión Cóndor foi de 299 persoas.Raúl Arias Ramos, La Legión Cóndor. Imágenes inéditas para su historia, Editorial Agualarga, Madrid, 2002.
Contexto Tralo fracaso do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 en numerosos lugares de España, o bando rebelde, viuse obrigado a controlar militarmente as zonas non afíns o seu movemento.
Condecoracións miniatura|A Panzertruppenabzeichen, insignia de carrista da Lexión Cóndor. Panzertruppenabzeichen der Legion Condor. Tomando como referencia a insignia dos carristas alemáns da primeira guerra mundial, creouse en setembro do 36 unha insignia con carácter extraoficial. Dita insignia consistía nunha caveira e un carro de combate, rodeados por unha coroa de loureiro, en prata. Como requisito estipulouse a permanencia de máis de tres meses na unidade de carros da Lexión, e non ter ningún arresto nin sanción. Concedéronse 415 insignias, e existiu unha en ouro, a do comandante carrista, Von Thoma recibida durante o desfile da Vitoria en Madrid. O 10 de xullo de 1939 foi recoñecida oficialmente polo Comandante en xefe do Heer. Spanienkreuz ou Cruz de España. Instituíuse o 14 de abril de 1939, habendo dous modelos, con espadas para combatentes e sen elas para persoal non combatente. Consistía nunha Cruz de Malta e no centro desta a esvástica, estando entre cada extremo da cruz, o emblema da Luftwaffe. Non só foi entregada a membros da Lexión Cóndor, senón as tripulacións de buques alemáns que participaron en accións de combate na Guerra civil. Concedéronse en total unhas 26.116. Cruz de Honor para os familiares dos combatentes caídos en España. Instituída o 14 de abril de 1939, para distinguir ós familiares dos alemáns caídos na contenda española. Nunha soa categoría e unicamente unha por familia, parecíase moito á Spanienkreuz, pero esta levábase cunha cinta e era máis reducida. Concedéronse 315, aínda que as baixas oficiais foron 299 a diferenza pódese explicar polas persoas que morreron por mor das feridas ou enfermidades contraídas durante a guerra. Distintivo de ferido. Instituíuse o 22 de maio de 1939 co nome oficial de: "Insignia de Ferido para os Voluntarios Alemáns na Guerra de Liberación Española". Baseábase na insignia de ferido da primeira guerra mundial, un casco e dúas espadas entrecruzadas rodeados dunha coroa de loureiro, coa excepción de que levaba a esvástica sobre o casco. Había varias categorías en función do número de veces ferido: Ouro: cinco veces, Prata: dúas veces, Negro: unha vez.
Datos de interese miniatura|300px|Messerschmitt Bf 109C empregado pola Lexión Cóndor. Avións empregados Dornier Do 17 Heinkel He 45 Heinkel He 51 Heinkel He 59 Heinkel He 60 Heinkel He 70F-2 Heinkel He 111 Heinkel He 112 Henschel Hs 123 Henschel Hs 126A-1 Junkers Ju 52 Junkers Ju 86D-1 Junkers Ju 87 Messerschmitt Bf 109
Hitler dixo cara ao final da Guerra Civil: "Agora que a guerra remata, xa non lles queda nada por aprender aos nosos soldados".
Notas
Categoría:Guerra civil española Categoría:Luftwaffe