Juan Castiñeiras Galán, nado na Coruña en 1902 e finado na mesma cidade o 13 de novembro de 1956, foi un fogueiro e político galego.
Traxectoria Veciño do Burgo (Culleredo) e fogueiro na Coruña. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado garda do Corpo de Seguridade da República en xullo de 1938.Gaceta de la República, 19-7-1938, p. 236. Ao rematar a guerra foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 8-6-1946, p. 1552-1560. Volveu ser detido en 1947 e foi procesado polo Tribunal Militar da Coruña na causa 298/47 por actividades políticas xunto con Arturo Moreno Torres, Juan Domínguez Lliso, Manuel Gantes Barreiro e Manuel Vázquez Sampayo. Saíu en liberdade condicional o 16 de agosto de 1947.Documento de liberdade condicional de César Leopoldo Fraguela En xaneiro de 1953 sufriu un accidente de traballo no porto da Coruña.El Ideal Gallego, 11-1-1953, p. 3. Finou na Coruña o 13 de novembro de 1956 con 54 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-9-1953, p. 7.
Vida persoal
Casou con Filomena Castro Vila en febreiro de 1924,La Voz de Galicia, 17-2-1924, p. 4. e foi pai de María Nieves Castiñeiras Castro. Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes