Francisca Edwiges Neves Gonzaga, máis coñecida como Chiquinha Gonzaga, nada o 17 de outubro de 1847 en Río de Xaneiro (Brasil) e finada na mesma cidade o 28 de febreiro de 1935, foi unha compositora, pianista, así como a primeira directora de orquestra brasileira.

Traxectoria Chiquinha Gonzaga naceu o 17 de outubro de 1847 na cidade de Río de Xaneiro, daquela capital do Imperio do Brasil, filla de José Basileu Neves Gonzaga, un militar procedente dunha familia ilustre no Imperio, e a súa liberta Rosa, que era filla de escrava.

Obra Ao longo da súa vida Chiquinha Gonzaga compuxo en numerosos xéneros musicais, moitos deles creados a finais do século XIX na súa cidade natal. Entre os xéneros que cultivou poden citarse o batuque, o choro, a samba, o maxixe ou tango brasileiro, así como numerosos valses e polcas, e cinco marchas de carnaval.

Foi a primeira muller a dirixir unha orquestra no Brasil. Creou a primeira marchiña de Carnaval con letra "Ó Abre Alas".

A súa canción o "Corta Jaca" (un maxixe de título orixinal "Gaúcho") causou un pequeno escándalo cando a Primeira Dama do Brasil, Nair de Teffé, tocouna a guitarra en público en 1914, e foi noticia en toda a prensa no día seguinte.

Moitas das súas canción teñen innúmeras versións a día de hoxe polos autores máis coñecidos da Música Popular Brasileira.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Acervo Digital Chiquinha Gonzaga

Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Compositores do Brasil Categoría:Pianistas