Mitú é un concello de Colombia, capital do departamento de Vaupés. Atópase na parte sueste de Colombia e sobre a fronteira co Brasil. O concello atópase predominantemente sobre a marxe dereita do río Vaupés. Con arredor de 16.422 km², segundo o censo do DANE, e cunha poboación aproximada de 16.580 habitantes, onde predominan 27 etnias indíxenas diferentes. Mitú caracterízase por ser un concello de transición entre as chairas secas da Orinoquía, e a selva húmida amazónica. As súas temperaturas roldan entre 25 e 30 °C, cunha distancia aproximada de 600 km (por vía aérea) ao sueste de Bogotá.
Notas
Categoría:Concellos de Vaupés