Europa Park é un resort turístico, que conta con dous parques temáticos (o propio Europa-Park e o parque acuático Rulantica) un centro de conferencias, zona de acampada, un restaurante e coctelaría externo combinado cunha atracción, Eatrenalin, un salón de cine e seis hoteis temáticos. Está situado no municipio de Rust, no distrito de Ortenau, a unha hora de distancia de Estrasburgo e a 40 minutos do seu aeroporto Aeroporto de Estrasburgo SXB. O parque é propiedade da familia Mack, dona da empresa alemá Mack Rides GmbH & Co KG, fabricantes de vagóns e automóbiles desde o ano 1780, carruseis e atraccións de feira desde 1921 e de montañas rusas desde 1958.. A familia Mack fabricou máis de 150 atraccións para parques a nivel global, como o Xardíns Tívoli, Disney California Adventure, o Parc Astérix, Disney's Hollywood Studios, o Real Madrid World etc. A idea inicial de Europa Park naceu de Franz Mack, pai, e Roland, fillo, como un showroom onde mostrar só a potenciais clientes as novas montañas rusas da casa en funcionamento. Este primeiro Europa Park, orientado só aos comerciais do sector industrial e provedores de parques temáticos, abriu no ano 1972 na vila de Breisach. Mais dado o éxito da idea só entre clientes da propia industria decidírono abrir ao público xeral no verán de 1975, xa en Rust por riscos de inundación dos terreos previos de Breisach.. A idea de apertura ao público xeral foi criticada pola prensa especializada no momento, pero obtivo moi bos resultados de asistencia, con 250.000 visitantes o primeiro ano, 700.000 o segundo e máis dun millón en 1978..

Desde a década dos noventa o Europa Park de Rust é o segundo parque de atraccións máis visitado de Europa e foi elixido o mellor parque de atraccións do mundo en oito edicións consecutivas do Golden Ticket Awards outorgado pola publicación especializada Amusement Today. Durante a súa tempada máis alta de verán, o resort turístico recibe uns 50.000 visitantes ao día..

Construción do parque

thumb|Hotel Krønasår, novembro de 2023

No ano 1974 a familia Mack localizou a venda do antigo castelo da vila de Rust e un parque de contos de fadas adxacente, cunha saída directa da autoestrada Karlsruhe/Basilea, propiedade da autoridade local, que sumaba unha superficie total de 16 hectáreas. Tras mostrar o seu interese de compra o alcalde da vila, o falecido Erich Spoth, foi especialmente activo no seu apoio aos planificadores e puxo a disposición destes o parque e o castelo nas beiras do Alte Elz. Tras o esforzo administrativo e de remodelación Europa-Park abriu as súas portas por primeira vez ao público en 1975..

En 1982, expandiuse a construción coa primeira sección temática dun país europeo, Italia. Como a maioría das áreas temáticas orixinais do Europa-Park, foi deseñada por Ulrich Damrau. Máis tarde, os paseos Alpenexpress "Enzian" e Schweizer Bobbahn abriron en 1984 e 1985, respectivamente. A temática europea seguiu aínda máis coa apertura das seccións Holanda (1984), Inglaterra (1988), Francia (1990), Escandinavia (1992), España (1994) e finalmente unha nova entrada ao parque coñecida como a German Alley (1996). En 1991, por primeira vez o parque contou con máis de 2 millóns de visitantes. Con El Andaluz en 1995, abriuse o primeiro hotel dun parque temático alemán. O aumento da duración da estadía como resultado do crecente número de atraccións no parque provocou un aumento da demanda de aloxamento. No seu primeiro ano, o hotel foi reservado ata o 87% da súa capacidade. En 1999, seguiu a construción do hotel Castillo Alcázar. A sección de España converteuse na area temática de hoteis tamén tematizados, tanto na cultura andaluza e do flamenco, como na dos Reinos medievais, cada piso do Castillo Alcázar representa un Reino da Península Ibérica da Idade Media. En 2001, o número de visitantes ascendeu a 3,1 millóns. O mesmo ano, Europa-Park foi o primeiro parque temático de Alemaña que funcionaba tamén no inverno, con 180.000 visitantes nesa tempada.. Xa en 2004 abre un hotel italiano de catro estrelas, o Colosseo e en 2005 a sección de Portugal. Para 2009 estrean a nova area temática de Islandia. En 2012 abre o Bell Rock Hotel inspirado na historia dos peregrinos fundadores dos Estados Unidos de América, buscando atraer a visita do público norteamericano.

Co fin de fortalecer a súa propia marca e iniciar as actividades comerciais do parque en formatos dixitais, Michael Mack fundou MackMedia en 2002.. A compañía roda películas de imaxe e publicidade, produce vídeos musicais, xogos e películas especiais. Despois dun aumento continuo de visitantes nos anos seguintes, en 2011, o parque contou con 4,5 millóns de visitantes,. e en 2012 o parque abarcaba unha superficie de 90 hectáreas, con once montañas rusas, cinco hoteis temáticos cun facturación de preto de 300 millóns de euros e máis de 3.000 empregados. Xa en 2019 abre o sexto hotel Krønasår xunto co parque acuático de Rulantica, unha expansión de 4 hectáreas. thumb|Area temática de Croacia, aberta en abril de 2024.

No ano 2023 o parque anuncia que se está a construír a area temática de Croacia centrada na figura de Nikola Tesla. Durante ese ano instalouse dentro do parque un cinema en 3D coa proxección "Traumzeitdome Kroatien", na que os visitantes podían informarse sobre a cidade de Dubrovnik, as illas e os parques naturais croatas. Na véspera da cea de fin de ano da compañía, celebrouse unha conferencia no parque. A nova área temática presentouse aos convidados dos medios estranxeiros e mostrouse unha película sobre Croacia. Tonči Glavina, o secretario de Estado do Ministerio de Turismo e Deportes; Kristjan Staničić, o director da Xunta de Turismo de Croacia; Romeo Draghicchio, o director da Representación de HTZ en Alemaña e Ivan Sablić, o cónsul xeral da República de Croacia en Stuttgart participaron no evento e foron convidados especiais na inauguración do parque.

"A localización do Parque na propia fronteira franco-alemá, xunto ás cidades de Friburgo e Estrasburgo, convérteo nun lugar ideal para presentar Europa, os seus países e as súas culturas. É unha gran honra para nós que despois do décimo aniversario da adhesión de Croacia á Unión Europea, e especialmente no ano da entrada de Croacia no espazo Schengen e na Eurozona, está a abrir unha sección dedicada a Croacia nun destino de entretemento tan grande. Esta é unha grande oportunidade para promover o noso país no corazón de Europa", dixo o director da Xunta de Turismo de Croacia, Kristjan Staničić..

A nova área abriu o 26 de abril de 2024 co acceso á nova montaña rusa Voltron Nevera, unha gran praza de abastos, bordeada de edificios de pedra calcaria de cores claras, ruínas e tramos de muro, simulando a cidade de Dubrovnik. Os restaurantes 'Sunce i Lavanda' e 'Ćevapčići-Snack' e un xardín preparado cunha oliveira centenaria, piñeiros, vides e lavanda. .

Europa-Park Europa Park é dividido en vinte e un áreas temáticas diferentes, dezaoito tematizadas en cadanseu país europeo, representado as paisaxes e decoracións propias asociadas á cultura de cada país, e tres áreas temáticas adicadas a mundos de fantasía infantil ; os contos dos Irmáns Grimm, o país das aventuras e a saga francesa dos Minimoy. Logo, as principais atraccións de cada área están listadas.

Abenteuerland thumb|Crocodilo en African Queen, atracción de 1975 re-tematizada polas críticas aos estereotipos africanos incluídos na súa tematización African Queen : Era un cruceiro de aventura aberto en 1975 inspirando en clixés sobre a colonización europea en África, como representacións de homes e mulleres africanos como poboadores primitivos entre animais salvaxes. Foi re-tematizada como o Danube Steamer- Josefinas kaiserliche Zauberreise tendo en consideración "os sentimentos dos visitantes" en 2021 e sobre unha polémica pública na prensa con acusacións de racismo.. Wasserspielplatz : Parque infantil con mangas de auga situado embaixo do Bar Crocodilo.

Alemaña thumb|Area de Alemaña, na entrada principal

Elfenfahrt : Barco sobre raís tematizado nun pequeno río de elfos. Jim Knopf – Reise durch Lummerland : Tren infantil inspirado en "Jim Botón e Lucas o Maquinista" de Michael Ende. Marionetten-Bootsfahrt : Paseo en góndola circular de carga continua sobre un río tematizado sobre as princesas europeas. Animatrónicos de silicona das princesas saúdan aos visitantes desde pequenos palcos decorados con xoguetes e adornos florais. Narrenscheune Museum : Cabana de madeira cunha colección de máis de 150 máscaras de entroido suevas. Oldtimer-Fahrt-Vintage Cars : Módelos reais do Ford T engarzados a carrís nun percorrido natural enfocado para o público infatil. Schatzkammer : Museo enfocado nos fans do propio Europa Park con cartelaría e historia sobre o parque. Voletarium : A atracción Voletarium é un simulador de voo de calidade de imaxe 4k, con dúas salas para os usuarios, cada unha cunha pantalla de 21,5 metros de diámetro e unha superficie de pantalla de 400 metros cadrados utilizando un produto de aluminio perforado da firma Endurescreens Pro+. O fabricante do simulador foi Kraftwerk Living Technologies. A tematización versa sobre os pioneiros da aviación en Europa cunha estética steampunk. As imaxes en pantalla mostran un voo sobre toda a Europa continental.

Transporte A estación de tren EP-Express "Alexanderplatz" A parada do Panoramabahn Bahnhof Deutschland

Inglaterra thumb|Europa-Park - O London Bus Arena of Football - Be Part of It! : Coches de choque misturando con bolas xigantes de fúltbol. Crazy Taxi : Flat Ride de xiros con pequenos taxis bi-praza que rotan ao estilo das Cuncas (Las Tazas) en PortAventura World. FootballScooter London Bus : Unha Flat Ride que rota e sube un pequeno bus inglés a unha altura de 7 metros. Shooting Gallery : Mini-xogo de disparos láser. Silverstone-Piste : Coches sobre raís para visitantes a partir de 3 anos. The British Carousel : Carrusel de máis de 100 anos de antigüidade aínda en activo. Wasserwegs : Ponte con fontes e mangas de auga ocultas que se activan ao azar ao paso dos visitantes. Queen’s Diamonds – Laser Maze : Labirinto con raios láser a esquivar polo visitante. É posíbel comparar os tempos cunha pantalla de apoio que rexistra o rápido que se resolveu o labirinto en cada intento.

Transporte A parada do Panoramabahn Paddington Station

España thumb|Europa Park. Decoración de Nadal na area do Estado español Abenteuerspielplatz : Randeeiras para nenos. Feria Swing : Carrusel que pode chegar a unha inclinación de 90 graos. Tematizado nunha feira andaluza. Kolumbusjolle : Barcos bi-praza suxeitos a brazos mecánicos que xiran sobre o seu pivote e ondean simulando o movemento dos barcos no mar.

Transporte A parada o EP-Express "Spanien" A parada do Panoramabahn "Bahnhof Spanien"

Francia thumb|Cúpula branca da EuroSat Can Can Coaster, a montaña rusa central na area de Francia Euro-Tower : Un ascensor acristalado con vista aos 360 graos, cunha altura de 75 metros acádase a ver desde dentro as lindes da Selva Negra. Eurosat - CanCan Coaster : Unha montaña rusa en interior con caída en espiral inspirada no Moulin Rouge e no baile do Can-can. A montaña rusa está instalada dentro dunha esfera de máis de 30 metros de altura, que forma a area central de Francia. Pódese montar tamén nunha versión con Realidade Virtual usando un visor, nesta versión a temática céntrase sobre a película de Luc Besson Valerianhttps://www.imdb.com/title/tt2239822/ Valerian. Eurosat Coastiality : Montaña rusa puramente en Realidade Virtual, onde se viven escenas da obra O fantasma da ópera Madame Freudenreich Curiosités : Un circuíto de vagóns interior que visita a casa dunha muller francesa que coida de dinosauros. Mercedes-Benz Hall MONACO : Un salón de exposicións de Daimler. Silver Star : Unha montaña rusa do tipo hyper de aceiro de 73 metros de altura e capaz de subir a 1750 visitantes á hora.

Grecia