miniatura|dereita|William Blake en 1807, retrato por Thomas Phillips. miniatura|dereita|250px|O arcanxo Rafael con Adán e Eva, de W.Blake William Blake, nado o 28 de novembro de 1757 en Londres e finado o 12 de agosto de 1827 na mesma cidade, foi un poeta inglés, visionario, pintor, e impresor inglés. Amplamente recoñecido durante a súa vida, a súa obra é hoxe considerada fecunda e significativa tanto na poesía como nas belas artes. Con frecuencia é considerado como o escritor máis espiritual do seu tempo.

Biografía Fillo dun chapeleiro,Bentley, Gerald Eades and Bentley Jr., G. William Blake: The Critical Heritage. 1995, pp. 34–5. desde a infancia mostrou unhas asombrosas aptitudes tanto para o debuxo como para a poesía. Aos dez anos foi enviado a unha escola de debuxo, onde, á par, comporá os seus primeiros poemas. Alumno do gravador James Basire, foi encargado de debuxar as antigüidades da abadía de Westminster e doutros vellos edificios, lugares que non deixaron de exercer unha viva influencia sobre a súa imaxinación melancólica.

Gravou numerosas ilustracións para libros de Stothard e cos propios deseños. Participa, de xeito moi impulsivo, nos motíns de 1780, diante do cárcere de Newgate, a Bastilla londiniense. Casado en 1783 consonte aos seu gustos (ensinará a súa muller Catherine a ler, a escribir e a iluminar gravados), soñou en plasmar con pluma e xiz as visións que enchían o seu cerebro.

Un primeiro opúsculo, Poetical Sketches (1783) (Esbozos poéticos), contén as súas poesías compostas entre os doce e vinte anos de idade. Demasiado pobre para afrontar os gastos de imprenta das súas obras, fíxose o seu propio editor. Publicou así os Songs of Innocence (Cantos de Inocencia), ornamentados cos propios deseños (1799), obra singular, que acadou éxito, o que o animou para publicar do mesmo modo e sucesivamente: Books of Prophecy (1791) (Libros de profecía); Gates of Paradise (1793) (As portas do Paraíso) ; America, a prophecy (1793) (América, unha profecía); Europe, a prophecy (1794) (Europa, unha profecía); Songs of Experience (1794) (Cantos de experiencia). Ao mesmo tempo, puido mostrar, en varias exposicións da Academia Real, as súas pinturas alegóricas, históricas e relixiosas. Publicou The Marriage of Heaven and Hell (1790) (O matrimonio do Ceo e o Inferno), sátira de "Heaven and Hell" de Emmanuel Swedenborg.

En 1797 emprende unha edición ilustrada das "Noites" de Young, que deixou inacabada, pois marchou a vivir en Felpham, preto do poeta Hayley, para quen realizou deseños e pintou algúns retratos. Ao cabo de tres anos volveu para Londres.

Os seus cuarenta deseños gravados por Schiavonetti para unha edición do poema de Robert Blair: The Grave (1808) (A tumba), foron moi admirados, como a súa grande estampa a "Peregrinación a Canterbury" (1809), chea de carácter. Mentres, continuaba compondo, ilustrando e imprentando estraños poemas: Xerusalén, emanación do xigante Albion, Milton, un poema (1804), Xob (1826) etc. O máis orixinal é Xob, con gravuras máis definidas.

Todos estes volumes son hoxe buscadísimos, en especial os exemplares coloreados polo mesmo artista.

As visións de Blake Desde novo, William Blake proclamou ter visións. As máis temperás ocorreulle entre oito e dez anos en Peckham Rye, Londres, cando manifestou que vira unha árbore con anxos "adornando cada póla como estrelas". Segundo o biógrafo vitoriano de Blake, Gilchrist, volveu a casa para contar a súa visión, pero só se librou de ser trallado polo seu pai grazas á intervenzón da nai. Aínda que toda evidencia suxire que seus pais foron largamente comprensivos, sobre todo súa nai, con varios dos primeiros debuxos e poema de William que decoraban as paredes do seu cuarto.

Noutra ocasión, Blake veu xentes traballando nunha meda e pensou que eran figuras anxélicas entre as que el camiñaba. Da súa madurez, a súa esposa podería contar a vez en que el veu a cabeza de Deus "posta na fiestra".

Blake manifestou experimentar visións toda a súa vida. Acostumaban estar relacionadas con fermosos temas e imaxes relixiosas, e puideron inspirarlle as súas obras e anhelos espirituais. De certo, conceptos e imaxes relixiosos figuran de maneira central nas obras de Blake. Os paradigmas de Deus e a Cristiandade constitúen o foco intelectual dos seus escritos. Ademais, Blake cría que era instruído e animado persoalmente por arcanxos para crear as súas obras artísticas, que manifestaba que eran lidas e gozadas por eses mesmos arcanxos.

É difícil, senón banal, interpretar medicamente a natureza do estado mental de Blake. Algúns psiquiatras cren que puido sufrir algunha forma de esquizofrenia. William Wordsworth escribiu: "Non ha dúbida que este pobre home estaba tolo, mais hai algo na tolería deste home que me interesa moito máis que a saúde de Lord Byron e Walter Scott"

Bibliografía de Blake Libros Ilustrados do mesmo W. Blake c.1788: All Religions Are One There Is No Natural Religion 1789: Songs of Innocence The Book of Thel 1790–1793: The Marriage of Heaven and Hell 1793: Visions of the Daughters of Albion America: a Prophecy 1794: Europe: a Prophecy The First Book of Urizen Songs of Experience 1795: The Book of Los The Song of Los The Book of Ahania c.1804–c.1811: Milton: a Poem 1804–1820: Jerusalem: The Emanation of The Giant Albion

Libros alleos ilustrados por Blake 1791: Mary Wollstonecraft, Original Stories from Real Life 1797: Edward Young, Night Thoughts 1805–1808: Robert Blair, The Grave 1808: John Milton, Paradise Lost 1819–1820: John Varley, Visionary Heads 1821: R.J. Thornton, Virgil 1823–1826: The Book of Job 1825–1827: Dante, The Divine Comedy

Museos Escolma de museos que posúen obras de William Blake: Fitzwilliam Museum, Cambridge, R.U. Glasgow Museum, Glasgow, R.U. Tate Gallery, Londres, R.U. Victoria and Albert Museum, Londres, R.U.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1757 Categoría:Finados en 1827 Categoría:Nados en Westminster Categoría:Pintores do Romanticismo