José Carlos Vidal Suárez, nado en Ribeira en 1957, é un historiador, bibliotecario e político galego de Nós Pobra.
Traxectoria En 1981 licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Arqueoloxía. Despois estudou na Escola Naval Militar de Marín. Traballou como bibliotecario na biblioteca pública da Pobra do Caramiñal.
En 2023 foi elixido alcalde cos votos de Nós Pobra, BNG, PSdeG e VIxP, cos que forma un goberno de coalición. O acordo foi posible trala renuncia dos números un e dous da lista de Nós Pobra á alcaldía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Pobra do Caramiñal
Categoría:Alcaldes da Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1957 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes