Os Brazões foi unha banda brasileira da tendencia do rock psicodélico con fusións de samba e R&B con letras en portugués, guitarras saturadas e moito uso dos efectos de sintetizador, formada orixinalmente en Río de Xaneiro como banda de apoio a outros artistas como Gal Costa e Tom Zé aínda que nunca chegaron a gravar con eles en estudo. Os cinco membros orixinais só se daban a coñecer polos alcumes, o membro máis famoso dos cinco era Miguel de Deus, que despois gravou discos en solitario e montou outros grupos da escena alternativa do Brasil. Gravou o moi demandado LP 'Black Soul Brothers' en 1977, que se converteu nun disco referenciado no movemento 'Black Rio'..
Traxectoria
O único disco do grupo, homónimo, foi lanzado orixinalmente no selo RGE, en 1969. A formación que gravou o disco estaba formada por Miguel de Dios á guitarra rítmica, Eduardo "Edu" Roca á batería e percusión, Roberto á guitarra principal, Taco no contrabaixo e Mandrake na percusión. Pola banda tamén pasarían máis: Sergio Bandeyra á guitarra e voz, Paulinho Augusto á guitarra, Roberto ao órgano, Luis Carlos á batería e percusión, Francisco á batería e percusión, Gastón á percusión, Clarita aos coros e WALKIRIA aos coros. O disco presenta unha mestura de ritmos rexionais e experimentación, o grupo focalízase na percusión en ritmos rexionais do país.
En 1969, o mesmo ano en que Caetano Veloso e Gilberto Gil foron detidos e enviados ao exilio, o ditador militar Emílio Garrastazu Médici tomou o control político, en plena ditadura militar, e instaurou a pena de morte. Os Brazões compuxeron as súas letras referenciando esta polémica xustapostas con estándares brasileiros da resistencia política como en "Volkswagen Blue" e "Carolina, Carol Bela".
Os Brazões - RGE Discos, 1969
Cancións "Pega a Voga, Cabeludo" "Canastra Real" "Módulo Lunar" "Volksvolkswagen Blue" "Tão Longe de Mim" "Carolina, Carol Bela" "Feitiço" "Planador" "Espiral" "Gothan City" "Momento B8" "Que Maravilha"
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Módulo Lunar
Categoría:Grupos musicais do Brasil Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais formados en 1962