miniatura|364x364px| As Nix, Ladies of the River e Sigurd, de Arthur Rackham As nixes ou nixias, coñecidas como neck en inglés, nix e nixe en alemán, en nórdico antigo nykr, en noruegués nøkk, en sueco näck e en danés nøkken, fan referencia aos espíritos acuáticos do folclore alemán e escandinavo, que poden cambiar de forma. O seu sexo, nomes e transformacións como diferentes animais varían xeograficamente. A nixe ou nixie alemá é unha serea fluvial, de sexo feminino.

O nome está relacionado co termo anglosaxón nicor e o antigo alto alemán nihus, ambos designando un tipo de demo acuático. Tamén o nome deriva do alemán *nikwus ou *nikwis(i). miniatura|245x245px| En Noruega, Nøkken é a máis famosa das Nix. Os nórdicos nykr, nøkk, nøkken e näcken son espíritos que habitaban a auga de ríos e lagos. As historias sobre nøkken adoitan estar moi relacionadas coas historias sobre outros seres sobrenaturais e mitolóxicos que viven na auga. Aegir non lles permitiu entrar no mar. Os ou as nixes son extremadamente temperamentais: ás veces meten os peixes nas redes dos pescadores, ás veces viran os seus barcos ou mesmo os afogan nas xeadas augas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Mitoloxía nórdica Mitoloxía xermánica Kelpie Serea Tritón

Categoría:Mitoloxía nórdica Categoría:Mitoloxía xermánica Categoría:Mitoloxía británica