Canal de Navarrés é unha comarca da Comunidade Valenciana, en España. Atópase ao suroeste da provincia de Valencia. Como produtos autóctonos salientan o cultivo do tabaco co que se fabrican artesanalmente os puros caliqueños e tamén as oliveiras, que producen un excelente aceite.
Concellos Os datos básicos dos 8 concellos coas cifras de poboación do padrón municipal de 2023 son:
Concello Poboación (2023) Superficie Densidade Enguera 4781 241,75 19,66 Navarrés 3061 47,04 63,09 Anna 2593 21,45 122,52 Chella 2445 43,49 55,99 Bolbaite 1334 40,39 33,57 Quesa 661 73,16 9,16 Bicorp 549 136,50 3,90 Millares 330 105,51 3,27Total 15 754 709,29 22,12
Notas
Categoría:Comarcas da Comunidade Valenciana