Das cousas de Ramón Lamote é unha obra de narrativa de Paco Martín, publicada en galego en 1985. É unha obra fundacional que supón a introdución na literatura xuvenil galega na corrente do realismo máxico de herdanza cunqueirá,<ref>[http://www.prazadasletras.org/media/praza_papel/PrazadasLetras_LIX_08.pdf Panorámica da lit. xuvenil galega] , por Ánxela Gracián, para Praza das Letras (páx.11)</ref> un dos grandes éxitos de vendas da literatura galega,Vai pola 23ª edición e recibiu o Premio Barco de Vapor de 1984. e especialmente o best-séllerPaco Martín resucita a Ramón Lamote, un 'best-seller' dos 80 , Tierras de Santiago, 20 de xullo de 2010. da literatura infantil e xuvenil feita en Galiza.Diego Muñoz Carrobles. Panorama da literatura infantil e xuvenil en lingua galega no século XXI Madrygal. Revista de estudios gallegos, UCM (páx.87). Ademais, o libro foi incluído nas reputadas listaxes do IBBY Honour List (1986) e mais do White Ravens (1988); así mesmo o autor foi recoñecido co Premio O Barco de Vapor en 1984, o Premio Antón Losada Diéguez en 1985 e o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España de 1986 grazas a este título, que máis de 20 anos despois, en 2008, tivo unha continuación, coa saída ao mercado de Das novas cousas de Ramón Lamote, tamén ilustrado por Xan Balboa e publicado por Galaxia.

En 2002 o libro foi incluído co n.º 66 na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.

Traducións A obra foi traducida a diversas linguas (cómpre pór de relevo o éxito da tradución española que correu por Hispanoamérica) e converteuse nun referente da literatura infantil e xuvenil, achegando á historia da literatura galega o personaxe Ramón Lamote. Foi traducida ao castelán en dúas ocasións, ao catalán, ao asturiano e ao éuscaro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Ramón Lamote Das novas cousas de Ramón LamoteLigazóns externas Ernesto Sánchez Pombo (21/3/2002). "O libro de Paco Martín «Das cousas de Ramón Lamote», mañá con La Voz", La Voz de Galicia''.

Categoría:Obras literarias de 1985 Categoría:Novelas en galego Das cousas de Ramón Lamote Categoría:Editorial Galaxia