Fidel Chaves de la Torre, nado en Minas de Riotinto (Huelva) o 27 de outubro de 1989, é un futbolista español que xoga como extremo esquerdo no Albacete, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Recreativo de Huelva, debutando co primeiro equipo na Segunda División o 15 de maio de 2010, nun empate 1-1 ante Córdoba CF.

En xullo de 2012 rescindiu o seu contrato cos andaluces e incorporouse ao Elche CF, da mesma categoría. Titular indiscutible durante a súa primeira tempada, contribuíu con catro goles ao ascenso do club valenciano á Primeira División despois de 24 anos de ausencia. Xa co equipo na máxima categoría, disputou un total de 36 encontros na campaña 2013/14, anotando dous goles.

A continuación foi cedido ao Córdoba, tamén de Primeira, co que acabou asinando un contrato en propiedade en 2015.

O 19 de xullo de 2016, despois de marcar 11 goles na campaña anterior en Segunda, fichou por cinco anos co Almería. Con todo, xogou só dous anos no club andaluz, pois en 2018 pasou á UD Las Palmas, tamén de Segunda.

O 14 de xuño de 2019 rescindiu o seu contrato co equipo canario e regresou a Elx, onde xogou durante os seguintes cinco anos, conseguindo un novo ascenso a Primeira.

En febreiro de 2024 fichou polo Albacete Balompié.

Notas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados na provincia de Huelva Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva