Alejandro García Pérez, nado en Chantada en 1990, é un cirurxián e ilustrador científico galego.
Traxectoria
Estudou Veterinaria en Lugo e Medicina en Santiago, ambas as dúas na USC. En 2019 empezou a residencia no CHUAC e alí converteuse en cirurxián torácico.
Desde moi novo traballou co debuxo e a pintura, en Santiago foi alumno de Juan Suárez Quintanilla, co que traballou en proxectos de debuxo anatómico e divulgación científica colaborando con profesionais médicos. Ten numerosos traballos publicados en revistas científicas.
Obras
Tu primer pasado. De célula a humano, así se construyó tu cuerpo (2024). Con Juan Suárez Quintanilla. La Esfera de los libros. 344 páxs. ISBN 978-84-1384-899-0. Libro de divulgación científica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista en El Progreso, outubro 2024
Categoría:Nados en Chantada Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Nados en 1990 Categoría:Cirurxiáns de Galicia Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes