Rita Payés Roma, nada en Vilassar de Mar o 29 de setembro de 1999, é unha compositora, trombonista e cantante de jazz e bossa nova catalá.

Traxectoria Carreira artística Iniciouse como trombonista baixo a influencia dunha familia de músicos. Máis adiante estudou no instituto IEA Oriol Martorell e entrou na Sant Andreu Jazz Band, dirixida por Joan Chamorro; nesta tamén comezou a cantar xunto a Andrea Motis, Magalí Datzira e Eva Fernandez.

Aínda adolescente, Payés gravou dous traballos con Chamorro, obtendo en 2015 o premio Enderrock á mellor proposta de jazz. Trala boa acollida destes dous traballos, en 2019 Rita publicou xunto á súa nai, a guitarrista Elisabeth Roma, un novo álbum titulado Imagina. Para presentalo, ámbalas dúas fixeron unha xira coa que viaxaron por países como o Reino Unido, Hungría, Francia, Suíza, Italia, Marrocos, Suecia e Grecia.

Payés anunciou en xaneiro de 2021 a publicación dun novo traballo compartido de novo coa súa nai, que veu a luz o 16 de abril, co título Como la piel. Este disco valeulle o Premio Alícia ao talento emerxente de 2021, galardón que outorga a Academia Catalá da Música.

En 2021 colaborou na canción «La gent que estimo» do disco A tope amb la vida de Oques Grasses.

Discografía 2015 - Joan Chamorro presenta a Rita Payés (con Joan Chamorro). 2016 - Lua amarela (con Joan Chamorro). 2019 - Imagina (con Elisabeth Roma). 2019 - My Ideal (Venus Records)Discogs: Rita Payés 2019 - In New York (Venus Records) 2021 - Como la piel (con Elisabeth Roma).

Colaboracións 2021 - La gent que estimo (con Oques Grasses).

Notas

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Vilassar de Mar Categoría:Trombonistas de jazz Categoría:Cantantes de Cataluña