O adxectivo Seca pode referirse a:
Estación seca, termo da climatoloxía (véxase tamén seca e estiaxe); Froita seca, produto que se obtén do secado realizado a determinadas froitas especiais, propensas a este proceso;. Lei seca (prohibición das bebidas alcohólicas); Pila seca, tipo de pila con electrólitos pastosos; Punta seca, tipo de técnica de gravado; Temperatura seca, magnitude do aire; A seca, parte dun areal que queda ao descuberto na marea baixa; Baixamar, nivel máis baixo que acada a marea.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza A Seca, lugar da parroquia de Barro, no concello de Barro; A Seca, lugar da parroquia de Corvillón, no concello de Cambados; A Seca, lugar da parroquia de Loeda, no concello de Piñor; A Seca, lugar da parroquia de Poio (San Xoán), no concello de Poio; A Seca, lugar da parroquia de Padróns, no concello de Ponteareas; Arnoia Seca, lugar da parroquia do Val, no concello de Gomesende; Banda á Seca, lugar da parroquia do Xobre ou O Maño, no concello da Pobra do Caramiñal; A Pasada Seca, lugar da parroquia de Cuíñas, no concello da Fonsagrada; Serra Seca, lugar da parroquia de Viladesuso, no concello de Oia; A Casa de Fonseca, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero.
Fóra de Galiza
Na Arxentina Pampa seca ou Pampa occidental, subrexión xeográfica da Arxentina, pertencente á rexión pampeana.
En Castela e León La Seca, localidade do concello de Cuadros, na provincia de León; La Seca, poboación do concello de Quintana Redonda, na provincia de Soria; La Seca, concello da provincia de Valladolid.
Nos Estados Unidos de América Laguna Seca, ou Mazda Raceway Laguna Seca, autódromo en Monterey (California; Laguna Seca, localidade do condado de Hidalgo no estado Texas.
Amais, como apelido, pode referirse a:
Pedro Muñoz Seca, dramaturgo español.
Véxase tamén Outros artigos