miniatura|300x300px| Mi Mi en notación latina ou E en notación anglosaxoa, é o nome da terceira nota musical da escala diatónica de dó maior.
Nome Antes da adopción do solfexo, utilizábase a notación alfabética segundo a cal as notas designábanse mediante letras. Neste sistema a nota E corresponde á letra "E". Este nome mantense en varios idiomas.
Posteriormente o nome desta nota foi "mi", que deriva do comezo do terceiro verso do himno relixioso Ut queant laxis, empregado por Guido d'Arezzo para nomear todas as notas musicais.
Altura En temperamento igual, o mi que está por riba do dó medio no piano ten unha frecuencia de aproximadamente 330 Hz.
Notación centro|miniatura|600x600px| Mi nas catro claves máis comúns.
En clave de sol sitúase na primeira liña do pentagrama.
Na clave de dó na terceira e cuarta sitúase na cuarta e na quinta liñas respectivamente. En clave de fa na cuarta sitúase na segunda liña adicional superior.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mi maior. Ligazóns externas MuseScore
Categoría:Música