Páirc Náisiúnta na Mara, Ciarraí, tamén coñecido como Parque Nacional Kerry Seas, é un parque nacional creado na costa do condado de Kerry, en Irlanda. Anunciouse a súa creación en abril de 2024. Trátase dun parque principalmente mariño que abrangue 28 000 hectáreas de terra e mar, converténdose no meirande parque nacional de Irlanda. Inclúe as seguintes áreas:
Na península de Dingle e arredores: A área especial de conservación das illas Blasket. O val do río Abha Mhór e o porto de montaña Conor Pass. A reserva natural do monte Brandon e as ladeiras de Más an Tiompáin. As dunas de Inch. Os baixíos de Kerry Head.
Fóra da península de Iveragh: As illas Skellig, incluíndo a illa Patrimonio da Humanidade Sceilg Mhichíl. A illa Puffin. A baía de Derrynane.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Parques Nacionais da República de Irlanda
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Parques nacionais de Irlanda Categoría:Áreas protexidas establecidas en 2024