Eva Corrêa José Maria, nada no Río de Xaneiro, o 17 de setembro de 1951 é unha cantautora brasileira famosa baixo o nome artístico de Evinha.

Traxectoria Integrante na súa xuventude do Trio Esperança xunto aos seus irmáns Mario e Regina Corrêa , desde o 1961 ata o 1967.

No período 1968-1969 deslígase do trío, sendo substituída pola súa outra irmá Marisa Corrêa, para comezar unha carreira en solitario, gañando ese segundo ano o 1º lugar no IV Festival Internacional da Canção Popular do país coa canción “Cantiga por Luciana” (composta por Eduardo Souto e Paulinho Tapajós)

O seu primeiro éxito orixinal foi "Casaco Marrom" (Danilo Caymmi, Gutemberg Guarabyra e Renato Corrêa). No ano 1977 grava co famoso director de orquestra francés Paul Mauriat e comeza unha relación artística na que Evinha pasaría a ser a crooner da orquestra en xiras polo Xapón e a China durante os anos 90.

O seu marido é o pianista e Mo. francés Gérard Gambus.

Discografía

Eva 2001 (1969) - EMI-Odeon - Formatos: Long-Play e Tape. Eva (1970) - EMI-Odeon - Formatos: Long-Play e Tape. Cartão Postal (1971) - EMI-Odeon - Formatos: Long-Play e Tape. Evinha (1973) - EMI-Odeon - Formatos: Long-Play e Tape. Eva (1974) - EMI-Odeon - Formatos: Long-Play e Tape. Reencontro (1999) Polygram/ Polydor - Formatos: Compact Disc e Long-Play. Uma Voz, um Piano(2016) Des Arts - Formatos: Compact disc Evinha Canta Guilherme Arantes(2019) Kuarup (gravadora) - Formatos: Compact disc

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

"Que Bandeira da Evinha", en YouTube

Categoría:Músicos do Brasil Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1951