Dalila Pereira da Costa, nada no Porto o 4 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 2 de marzo de 2012, foi unha escritora, ensaísta e poeta portuguesa. Está considerada unha das grandes figuras da cultura portuguesa contemporánea.
Formou parte do Grupo da Filosofía Portuguesa, unha escola filosófica fundada por Álvaro Ribeiro e José Marinho, na cal se integraron tamén António Quadros, António Braz Teixeira, Afonso Botelho, Pinharanda Gomes, Orlando Vitorino ou António Telmo.
Traxectoria Dalila Pereira da Costa estudou Historia e Filosofía na Universidade de Coímbra en 1944, onde foi alumna de Joaquim de Carvalho, Damião Peres e Torquato de Sousa Soares, entre outros.
Entre 1959 e 1965, viviu en São Paulo, no Brasil. Durante algúns anos residiu en Bélxica, para logo regresar á súa cidade natal, Porto, onde se dedicou á reflexión filosófica, con particular interese pola explicación de símbolos e mitos da cultura portuguesa. A súa obra abrangue varios eidos, dende a poesía ao estudo da obra de Pessoa, pasando por escritos de carácter esotérico e relixioso. Adoitou colaborar con pezas literarias en diversas publicacións periódicas.
Foi directora da revista Nova Renascença, fundada en Porto por José Augusto Seabra, e pertenceu ao movemento do mesmo nome. Participou en numerosos coloquios e conferencias.
Publicacións
O esoterismo de Fernando Pessoa (1971) ISBN 9789724809670 A força do Mundo (1972) ISBN 9789724809687 Encontro na Noite (1973) ISBN 9789724809694 Duas Epopeias das Américas (1974) ISBN 9789724809700 Introdução à Saudade (1976), xunto con Pinharanda Gomes ISBN 9789724809717 A Nova Atlântida (1977) ISBN 9789724809724 A Nau e o Graal (1978) ISBN 9789724809731 Orpheu, Portugal e o homem do futuro (1978) Os Jardins da Alvorada (1981) ISBN 9789724809748 A cidade e o rio (1982) Elegias da terra-mãe (1983) Da Serpente à Imaculada (1984) ISBN 9789724809755 Místicos portugueses do século XVI (1986) ISBN 9789724809762 Gil Vicente e sua época (1989) ISBN 9789726651468 Ladainha de Setúbal (1989) ISBN 9789724809779 Os sonhos: porta de conhecimento (1991) O Novo Argonauta (E a Ilha Firme) (1996) ISBN 9789729450105 Entre desengano e esperança: ensaios portugueses (1996) ISBN 9789724816890 D. Sebastião, El-Rei ungido: Rei eleito (1996) Os instantes (1999) ISBN 9789724817750 Os instantes nas estações da vida (1999) Dos Mundos Contíguos (1999) ISBN 9789724817767 Mensagens do Anjo da Aurora (2000) Portugal Renascido (2001) ISBN 9789729450303 Hora da prima (2005) ISBN 9789729450044 Contemplação dos Painéis (2005) ISBN 9789724818412 Espirituais Portugueses - Antologia (2005) ISBN 9789729450020 As Margens Sacralisadas do Douro Através de Vários Cultos (2006) ISBN 9789724818481
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados no Porto Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en 1918 Categoría:Filósofos de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa