O tesouro de Middleham é un depósito de moedas que apareceu soterrado en xuño de 1993 dentro de tres vasillas cerámicas preto de Middleham, no condado inglés de Yorkshire do Norte.

O tesouro data do período da Guerra Civil inglesa e consta de 5.099 moedas, todas elas de prata. Trátase do maior tesouro de moedas soterradas durante este conflito achado ata agora.Taylor, L. (1995). As moedas están esparexidas entre diferentes museos e coleccións privadas, e 54 delas forman parte da colección numismática do Museo de Yorkshire."Middleham Hoard". YorkMuseumTrust.org.ukBarclay, C, (1995). Páxina 17.

Achado William Caygill, un afeccionado aos detectores de metais, descubriu o tesouro o 22 de xuño de 1993 nos terreos do parque e Cotescue, no extremo suroeste da pequena cidade comercial de Middleham.Barclay, C. (1994). Páxina 84.

Malia considerarse un único tesouro, as moedas estaban soterradas en tres vasillas achadas en dous foxos. Caygill descubriu inicialmente as dúas primeiras vasillas (A e B), e dous días despois unha terceira (C).

Contexto do soterramento miniatura|esquerda|Vista do parque Cotescue, en Middleham.|260x260px

Os terreos onde se acharon as vasillas, no parque Cotescue, foran utilizados como pavillón de caza real. Están situados ao norte da cidade de Coverham, a uns dous quilómetros ao suroeste do castelo de Middleham. No século XVII, o parque Cotescue fora a residencia de Sir Christopher Croft —finado en 1649—, que foi alcalde de York en 1629 e 1641. Adam Loftus, primeiro vizconde Loftus (ca. 1568-1643) e antigo Lord Chanceler de Irlanda (1619-1639), viviu en Coverham a principios da década de 1640 ata a súa morte en 1643. O seu fillo, Edward Loftus, segundo vizconde Loftus, viviu no castelo de Middleham ata 1644, data a partir da cal o castelo pasou a utilizarse como cadea. Aínda que o castelo de Middleham non foi testemuña de ningún combate durante a Guerra Civil, foi parcialmente derrubado pouco despois de 1646 para que non puidese ser utilizado como gornición.Barclay, C. (1994). Páxina 85." Fun Things to do in Middleham [Yorkshire Dales]". Creditrewardperks.com

Dúas das vasillas (A e B) descubríronse xuntas, e a terceira (C), a uns vinte pasos ao oeste. Os tres recipientes estaban cubertos cunha pedra de arenito local de Coverdale.Barclay, C. (1994). Páxina 88. As derradeiras moedas das vasillas A e B datan de 1645 e 1646, o que suxire unha data de soterramento en torno a este último ano. Entre as moedas da vasilla C hai dez moedas dun xilin cun retrato tardío de Carlos I (1625-1649) que non están representadas nas vasillas A e B; a vasilla C inclúe tamén un xilin cunha marca privada que estivo en uso de 1646 a 1649. Estas características suxiren que A vasilla C foi depositada nunha data lixeiramente posterior ás A e B, probablemente en 1648. Así e todo, a proximidade física das tres vasillas fai pensar que todas elas foron soterradas pola mesma persoa ou, polo menos, pola mesma familia.Barclay, C. (1994). Páxinas 84-85.

Contido

Recipientes cerámicos As tres vasillas nas que se soterraron as moedas son dun tipo bastante similar aos dos enxovais de cociña de mediados do século XVII. Trátase de xerras con asas que se terían utilizado na cociña ou para almacenar alimentos. A vasilla A e a vasilla B son as máis semellantes, e a primeira delas foi identificada con certeza como cerámica de Ryedale. Pola súa banda, a vasilla C é algo diferente con respecto ás outras dúas, e non é de cerámica de Ryedale, senón que procede dunha fonte diferente non identificada.Barclay, C. (1994). Páxinas 87-88.

Moedas

As moedas inclúen emisións inglesas de todos os monarcas entre Eduardo VI (1547-1553) e Carlos I (1625-1649), moedas escocesas e irlandesas, e outras emitidas a nome de Filipe IV de España e dos seus gobernadores nos Países Baixos españois —o arquiduque Alberte e a súa esposa Isabel—, así como 39 falsificacións. O valor nominal total das moedas superaba as 312 libras esterlinas da época. Das 5.099 moedas, 4.772 son inglesas, 31 escocesas, 10 irlandesas, 245 do Imperio Español en Europa (todas dos Países Baixos) e dúas das posesións españolas en América.

Unha das principais características do tesouro é a proporción relativamente elevada de moedas españolas, que representan case o 5 % do tesouro, aínda que o gran valor nominal destas moedas —un ducatón é equivalente a cinco xilins e seis peniques— fai que o seu valor nominal ascenda a unhas 65 libras, o que representa o 20 % do valor nominal de todo o tesouro. A circulación de moedas españolas en Inglaterra durante este período parece que estivo limitado en gran medida ás zonas realistas, e acháronse tamén noutros tesouros da Guerra Civil de Yorkshire, aínda que ningún outro tesouro tivo unha proporción tan alta de moeda española.Barclay, C. (1994). Páxina 87.

Outra particularidade salientable do tesouro é a inclusión de 39 moedas falsas, a maioría delas procedentes das vasillas A e B —só seis no contedor C—. A maior parte das moedas falsas son copias de moedas inglesas da época, mais tanto a vasilla A como a B inclúen tamén moedas falsas de dos territorios españois en América, que é posible que fosen falsificadas porque as moedas auténticas estaban adoito mal cuñadas e poderían non ser aceptadas de bo grado pola poboación inglesa. Dúas das tres moedas hispanoamericanas falsificadas da vasilla A cuñáronse a partir do mesmo molde, e as dúas moedas hispanoamericanas falsas da vasilla B tamén se cuñaron a partir do mesmo cuño, o que suxire que as falsificacións puideron estar producidas localmente —se as moedas falsificadas procedesen de lugares arredados, daríase un maior grao de diversidade—. Tamén é probable que algunhas das moedas inglesas falsas se fabricasen localmente, como a copia dun xilin de Carlos I da ceca de York.

A distribución das moedas nas tres vasillas entre reinados amósase na táboa seguinte:Barclay, C. (1994). Páxinaa 89-98.

+Distribución das moedas por vasillasReinadoABCEduardo VI (Inglaterra)6104María I (Inglaterra)002Filipe e María (Inglaterra)998Isabel I (Inglaterra)492775542Xacobe I (Inglaterra)151279169Carlos I (Inglaterra)524952840Xacobe VI (Escocia)6170Carlos I (Escocia)341Isabel I (Irlanda)010Xacobe I (Irlanda)162Imperio Español (Europa)5315042Imperio Español (América)200Falsificacións16176Total1.2632.2201.616

Moitas das moedas aparecen recortadas, e a proporción destas aumenta conforme aumenta a súa antigüidade.Barclay, C. (1994). Páxina 85-86.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Barclay, C. (1994). "A Civil War Hoard from Middleham, North Yorkshire". En British Numismatics Journal. 64. 8. British Numismatic Society. Páxinas 84-98.

Barclay, C, (1995). "The Middleham Hoard: a river of silver". En Minerva. 6. Páxinas 15-17. Taylor, L. (1995). "Original success on a plate". En The Herald. 17 de xuño.

Outros artigos

Tesouro

Ligazóns externas

Vídeo: "YorkshireHoards: The Middleham Hoard". York Museum Trust

Categoría:Tesouros Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Moedas da Idade Media Categoría:Moedas de prata Categoría:Guerra Civil Inglesa