Ainara Maia Urrotz, tamén coñecida como Ainara Maya Urroz, nada en Irún, Guipúscoa o 6 de xuño de 1976, é unha escritora e tradutora vasca.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Vasca en 2002, e en 2004 obtivo o máster en Lingua, Información e Comunicación pola Universidade do País Vasco. O éuscaro é a súa lingua materna, e declarou “o éuscaro faime quen son”; ademais, é quen de comunicarse en castelán, francés, alemán, inglés e checo.
Entre 2006 e 2008 realizou o posgrao da Escola de Escritura da UNED en Bergara. De 2008 a 2014 traballou como lectora de éuscaro na Universidade Masaryk de Brno (na República Checa). Dende entón, alterna o traballo de formadora, docente, tradutora e técnica de éuscaro.
Obras
Traducións Galtzea metodo kontua da (tradución de Perder es cuestión de método), 2004, Txalaparta argitaletxea.
Colaboracións poéticas Hatsaren poesia olerki bilduma, 2001. Senpere: Hatsa Elkartea, 2001. 2002. 2003. 2004. 2005. 2006. 2007. 2008. 2009. 2010. 2011. 2012. 2013. 2014. 2015. 2016. 2017. 2018. 2019. 2020. 2021. 2022. 2023. 2024. Europaren bihotzean / V srdci Evropy. Calaméo. Egile editore. Brno. 2011. Hitzetatik harago. Askoren artean (Jalgi Hadi Mundura taldeko kideak). Zortziko argitaletxea. 2022. ISBN 979-10-95492-59-7
Libros de poesía Chansons d'amour, ilargi beterik gabeko gauak, Maiatz argitaletxea, Baiona, 2012. ISBN: 9782906241985. Muxuak, 2018. Zortziko argitaletxea, Angelu, 2018. ISBN-13: 979-1095492122
Novelas: literatura infantil e xuvenil Igandeak Interneteko artxiboa. ePub. Egile editore. Irún. 2015. Oroiminezko Igandeak. Dakit argitaletxea, Zarautz, 2020.
Narracións Pepito, biziminaren eta maiteminaren txinparta. Maiatz argitaletxea. Baiona. 2019.
Notas
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Irún Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Tradutores ao éuscaro Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia