Anna Viduleja, nada o 30 de marzo de 1972, é unha guionista e directora de cine letoa.
Traxectoria
Graduada na Facultade de Historia e Filosofía de Riga e posteriormente na Escola Nacional de Televisión e Cine de Gran Bretaña.
Dirixiu varias curtametraxes, vídeos musicais e anuncios publicitarios. A súa curta NOCTURNAL foi seleccionada no programa de Cinéfondation da 53ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes.. É unha dos catro directores e guionistas da longametraxe Vogelfrei (2007). Esta película recibiu o Great Kristaps Award como mellor longametraxe, conxunto ao premio a "Mellor guionista". En 2018, Viduleja dirixiu a película Homo novus. Tamén traballou como guionista da mesma. Viduleja adoita a tratar o tema do desexo de liberdade nos seus filmes.
Vogelfrei Vogelfrei consta de catro novelas nas que interveñen a natureza e as súas estacións, así como o home e as catro partes da súa vida: infancia, adolescencia, madurez e vellez. O personaxe principal, que simboliza o elemento de conexión das catro partes, é Teodors e en cada episodio é interpretado por un actor diferente. Só algúns personaxes son interpretados por actores profesionais. Cada unha das catro historias é independente das outras..
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Letonia Categoría:Directores de cinema de Letonia