O Condado de Västerbotten, ou Västerbottens län é un condado ou län situado no norte de Suecia. O condado fai fronteira cos condados de Västernorrland, Jämtland, e Norrbotten, o condado noruegués de Nordland e o Golfo de Botnia.

O condado está formado polo landskap de Västerbotten, o norte do de Ångermanland e o sur do de Lappland, así como por unha pequena parte despoboada do norte de Jämtland. O condado de Västerbotten é o segundo máis grande de Suecia e ocupa unha oitava parte da superficie do país.

Concello Na provincia de Västerbotten: Norsjö Robertsfors Skellefteå Umeå Vindeln Vännäs

Na Laponia Sueca: Dorotea Lycksele Malå Sorsele Storuman Vilhelmina Åsele

Na Ångermanland: Bjurholm Nordmaling

250px|centro|senmarco

Véxase tamén

Ligazóns externas Oficina Administrativa do condado de Västerbotten . Consello do Condado de Västerbotten .

Categoría:Condado de Västerbotten