Dólar de Yuan Shikai "1 Yuan "Fat Man dollar". Numista.com190x190px190x190pxA/: Busto de Yuan Shikai cara á esquerda, con uniforme militar, con ideogramas chineses por riba. Lendas: 年三國民華中 ("Ano 3 da República da China").R/: Dous ideogramas dentro dunha grilanda vexetal. Lendas: 壹 圓 ("un iuan"). Data: non datada (1914-1928). Emisor: Goberno da China. Período: República da China (1912-1949). Deseñador: Luigi Giorgi. Metal: prata (890 ‰). Diámetro: 39,00 mm. Grosor: 2,66 mm. Peso: 26,85 g (peso oficial). Canto: estriado.
O dólar de Yuan Shikai ou iuan de Yuan Shikai (en chinés simplificado: 袁大头) é unha moeda de prata co valor nominal dun iuan, emitida polo Goberno da República da China entre 1914 e 1928.
A partir de 1914, en toda a República da China comezaron a cuñarse moedas de prata coa efixie do líder militar Yuan Shikai (1859-1916), en substitución das anteriores moedas imperiais. A máis prominente e numerosa destas moedas, o coñecido como “dólar de Yuan Shikai” ou “iuan de Yuan Shikai”, seguiu producíndose moito despois da morte de Yuan en 1916. Deseñada polo gravador italiano Luigi Giorgi (1880-1954),Non confundir con outro Luigi Giorgi (1848-1912), gravador xefe da Casa da Moeda de Roma. Véxase "Giorgi Luigi (Milano 1880 – Varese 1954)". Società numismatica Italiana. 2024. a moeda amosa no anverso un busto de perfil de Yuan vestido con uniforme militar, e no reverso unha coroa de cereais e a expresión do seu valor facial. Esta moeda serviu para substituír o “Dólar do Dragón” e as diversas moedas de prata estranxeiras de características similares que estaban en circulación na China.
De 1914 a 1928, varias casas de moeda da China produciron regularmente moedas dun dólar (iuan), cunha tiraxe total superior aos mil millóns de exemplares. Ata 1920, todas as moedas levaban a data do ano republicano 3 (1914), independentemente do ano de fabricación. Algunhas casas de moeda produciron moedas con novas datas durante a década de 1920, mais estas só coincidían incidentalmente coa data de produción; varias cecas produciron moedas de diferentes datas, e algunhas delas podían utilizarse como marcas de ceca. Logo da Expedición do Norte, o incipiente Goberno nacionalista interrompeu a produción das moedas en favor do coñecido como “dólar Memento”. No entanto, a circulación e a produción rexional da moeda continuou, con exemplares de baixa calidade producidos na provincia de Gansu e nas zonas controladas polos comunistas durante a década de 1930. A produción viuse reducida polo abandono do padrón prata en 1935, pero volveu en resposta á hiperinflación durante a guerra civil chinesa, cunha gran tiraxe de moedas na Ceca de Cantón en 1949.
A República Popular reemitiu esta moeda a mediados da década de 1950 para a súa circulación no Tíbet, que acababa de ser anexionado.
Antecedentes e creación En resposta á ampla circulación de moedas de prata estranxeiras na China ao longo do século XIX, o vicerrei de Liangguang Zhang Zhidong autorizou a produción nacional de dólares de prata, denominados tamén iuans —alcumados "dólar do dragón", polo seu deseño—, e os primeiros comezaron a fabricarse na provincia de Cantón en 1889. Foron as primeiras moedas de prata producidas a máquina e cuñadas a grande escala na China, aínda que non lograron competir coa prata estranxeira, sinaladamente os dólares de comercio e os reais de oito españois e pesos hispanoamericanos. Logo de décadas de debate entre os padróns de ouro e de prata, así como de competencia entre o peso do iuan e o do tael, o Goberno optou por adoptar o iuan de prata como unidade monetaria base en 1910.Jin, Xu (2021). Páxinas 241-243.Deng, K. G. (2009). Páxinas 625-627.
Tras a Revolución de 1911 e o colapso da dinastía Qing, o Goberno de Beiyang reafirmou o iuan como unidade monetaria básica en 1913.Jin, Xu (2021). Páxina 245. A ceca central de Tianjin quedara inutilizada durante a Revolución, o que limitou as primeiras moedas da república ás reservas xa existentes de "dólares do dragón" e diversas emisións provinciais. A principios de 1914, o Ministerio de Finanzas reabriu a ceca central e retomou a produción de moedas co antigo deseño do dragón. En 1912 producíronse dous dólares diferentes de prata, un coa efixie do presidente Sun Yat-sen e outro coa do daquela vicepresidente Li Yuanhong, que serviron principalmente como moedas conmemorativas, cunha circulación real limitada.Wright, R. N. J. (1978). Páxina 149.Shih, K. (2009) . Páxina 141.Kann, E. (1953). Páxinas 187-188. En 1914, a Lei da Moeda de Curso Legal (國幣條例; Guóbì tiáolì) determinou a produción de moeda nacional de prata para substituír a moeda estranxeira.miniatura|Fotografía de Yuan Shikai (antes de 1916).Chinadaily.com.cn. 15 de setembro de 2015.Neste contexto, a finais de 1914 entrou en produción unha nova emisión de dólares de prata producida de xeito central, cun retrato do daquela presidente, Yuan Shikai, un antigo xeneral Qing que exerceu como xefe do Goberno de Beiyang na nacente República da China. A moeda ficou en produción despois do mandato de Yuan como emperador Hongxian en 1915-1916 e á súa morte o 6 de xuño de 1916.Wright, R. N. J. (2003). Páxinas 313-314.
Deseño e especificacións
Deseño Luigi Giorgi, gravador xefe da Casa da Moeda de Tianjin fora o primeiro creador dun deseño para un dólar que representaba a Yuan Shikai, tamén en 1914: tratábase dun dólar de prata conmemorativo, non circulante, que presentaba un busto frontal do presidente con uniforme militar e cun sombreiro con plumas."1 Yuan / 1 Dollar Founding of the Republic: Yuan Shikai". Numista.com Despois disto, Giorgi deseñou un proxecto destinado a unha emisión estándar, que representa a Yuan de medio perfil e sen sombreiro. Ambas as representacións estiveron baseadas en senllas fotografías de Yuan, xa que Giorgi non o vira en persoa. Despois de que Giorgi lle presentase un modelo de moeda a Yuan, este considerou a súa representación inexacta e pouco atractiva, e deulle indicacións para producir un novo deseño da moeda."Giorgi Luigi (Milano 1880 – Varese 1954)". Società numismatica Italiana. 2024.Kann, E. (1953). Páxina 212.
O deseño final da versión ordinaria do dólar presentaba unha vista de perfil de Yuan Shikai ollando cara á esquerda no anverso, vestindo un uniforme militar e cun corte de pelo integral. No reverso, tomado da emisión da proposta orixinal, está escrito o valor da moeda, "un iuan" (壹圓; Yī yuán), rodeado por unha coroa de cereal, probablemente de orxo.Wright, R. N. J. (2003). Páxinas 314-317.
Espacificacións A moeda ten 39 mm de diámetro e 2,66 mm (0,10 polgadas) de espesor, con canto estriado. O seu peso pode variar moi lixeiramente dun exemplar a outro, o que leva a que as fontes difiran á hora de indicar o seu peso estándar, aínda que o oficial estaba fixado en 72 candaríns, ou o 72 % do peso do tael. A definición do tael foi inconsistente durante a dinastía Qing, mais estandarizouse en 37,301 gramos a fins de 1914, o que levou a establecer un peso oficial da moeda en 26,857 gramos. As leis monetarias da República permitían unha variación de peso do 3 ‰ (0,08 gramos), aínda que na práctica o peso das moedas ficaba adoito fóra do rango legal.Wright, R. N. J. (2003). Páxinas 317-318.
Inicialmente pretendíase que a pureza da súa aliaxe fose de 900 milésimas, mais, como para a súa cuñaxe se reutilizaron grandes cantidades de dólares de prata imperiais cuñados provincialmente, que con frecuencia tiñan unha menor calidade e pureza, finalmente esta reduciuse lixeiramente, ata as 890 milésimas.Wright, R. N. J. (2003). Páxina 314.
Divisores e múltiplos do dólar Yuan Shikai Xunto co dólar aprobouse tamén a cuñaxe dunha serie de moedas con valores faciais máis pequenos e cun deseño practicamente igual ao do dólar, que inicialmente se pretendía pór en produción o mesmo ano. Estes valores divisionarios abranguían os 50 centavos ou 5 jiao (medio dólar), os 20 centavos ou 2 jiao, e os dez centavos ou jiao.Shih, K. (2009) . Páxina 144.Kann, E. (1953). Páxina 213. Estas moedas divisionarias presentan un deseño de anverso idéntico, coas súas respectivas expresións do valor facial no interior da coroa no reverso. A pureza da aliaxe destas moedas rebaixouse a 700 milésimas.
A produción das moedas divisionarias do dólar de Yuan Shikai atrasouse ata setembro de 1916 para permitir que o dólar circulase como unidade monetaria principal. Antes disto, as moedas provinciais de vinte centavos producidas nas cecas de Cantón e de Mukden satisfacían a demanda de moedas con valores inferiores.
As leis de reforma da cuñaxe de 1914 abranguían tamén a produción de moedas de cinco centavos (5 fen) de cuproníquel, compostas por un 75 % de cobre, e ese ano chegaron a cuñarse algúns espécimes en proba na ceca de Tianjin utilizando o mesmo deseño."5 Fen Pattern; "Fat Man dollar" type; copper-nickel". Numista.com Porén, a poboación consideraba que as moedas de níquel non eran dignas de confianza e estas probas nunca chegaron a cuñarse en gran número nin a entrar en circulación.Kann, E. (1953). Páxinas 286-287. Tamén hai testemuños doutras probas de moedas de cinco centavos en prata,"5 Fen Pattern; "Fat Man dollar" type; silver". Numista.com en cobre"5 Fen Pattern; "Fat Man dollar" type; copper". Numista.com e en peltre."5 Fen Pattern; "Fat Man dollar" type; pewter". Numista.com
En 1919, o ministro de Finanzas, Cao Rulin, investigou acerca da posibilidade de introducir unha moeda de ouro estandarizada. A Casa da Moeda de Tianjin produciu moedas de ouro de dez e de vinte dólares (10 e 20 iuans), cunha versión modificada con respecto ao deseño do dólar Yuan Shikai. O anverso das moedas presenta o retrato rodeado por un deseño ornamental, en tanto que o reverso amosa a lenda e a data do ano 8."10 Yuan "Fat Man dollar type" / "20 Yuan "Fat Man dollar" type". Numista.com Esta moeda produciuse en cantidades relativamente pequenas e nunca chegou a entrar en circulación. O programa suspendeuse e os espécimes cuñados a modo de proba acabaron en mans dos coleccionistas numismáticos.Kann, E. (1953). Páxinas 432-433.
Produción A produción dos dólares de Yuan Shikai comezou na Casa da Moeda de Tianjin en decembro de 1914, seguida pola ceca de Nanjing en xaneiro de 1915, xunto coa de Cantón nalgún momento do mesmo ano. A ceca de Wuchang comezou a produción da moeda en 1916, xunto cunha tiraxe comparativamente pequena de moedas na ceca de Mukden.Wright, R. N. J. (2003). Páxina 319. As datas das moedas, que figuran no calendario da República da China, son inconsistentes e rara vez reflicten o ano real da súa cuñaxe. De 1914 a 1919, todas as moedas da serie estaban marcadas como “ano 3” (1914). As casas de moeda comezaron a producir moedas con novas datas en 1920 (“ano 9”), aínda que as diferentes cecas marcaron as moedas indistintamente como “ano 8”, “ano 9” ou “ano 10”, e nos anos seguintes ningunha casa de moeda actualizou consistentemente as datas para que estas coincidisen cos anos de produción.Wright, R. N. J. (2003). Páxinas 320-325.
Hai moedas dun dólar coas datas dos anos 3, 8, 9 e 10 (1914, 1919, 1920 e 1921). As pezas de vinte centavos (2 jiao) amosan os anos 3, 5 e 9, e as de dez centavos (jiao) os anos 3 e 5. Todos os medios dólares (½ iuan) están datados no ano 3.Kann, E. (1953). Páxinas 212-213. En tanto que que os dólares do ano 3 amosan a inscrición 年三國民華中 (Nián sān guómín huázhōng; “Ano 3 da República da China”), as emisións posteriores do dólar engaden o carácter 造 (Zào), con datas no formato 造年十國民華中 ("Feito no ano 10 da República da China")."1 Yuan "Fat Man dollar"; seven characters". Numista.com En 1922, a maioría das casas de moeda que producían o dólar de Yuan Shikai producían a moeda cunha data diferente. Estes pretendían ser unha forma de identificar que casa de moeda producira unha moeda determinada, servindo funcionalmente máis como marcas de ceca que como indicación fidedigna da súa data de cuñaxe.Wright, R. N. J. (2003). Páxina 320.