Iván Martos Campillo, nado en Manresa o 15 de maio de 1997, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo e defensa central no Eldense, da Segunda División.
Traxectoria Formouse nas canteiras do Manresa, CF Damm, FC Barcelona e UD Almería. O 8 de novembro de 2015 debutou co Almería B na Segunda División B. Xogou o seu primeiro encontro co primeiro equipo o 11 de setembro de 2018, nunha derrota por 2-1 ante o Málaga na Copa do Rei.
En outubro de 2020 foi cedido ao Rayo Vallecano, co que logrou o ascenso á Primeira División. A continuación regresou ao Almería, co que conseguiu un segundo ascenso consecutivo. En agosto de 2024 asinou un contrato dun ano co CD Eldense.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Manresa Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Eldense Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores da UD Almería B