José Ces Caamaño, coñecido como O Lorcho, nado en Taragoña (Rianxo) en 1913 e finado na Ponte Beluso (Boiro) o 8 de setembro de 1936 foi un sindicalista e mineiro galego.

Traxectoria Mariñeiro, gañaba a vida indo a pescar nunha dorna, que deixou para incorporarse ó servizo militar. Cando regresou dedicouse ó transporte de madeira en barco, entre outros portos, a Vilagarcía de Arousa. Posteriormente traballou nas minas de San Fins extraendo volframio. Nas minas, ó igual que os seus compañeiros, afiliouse á CNT.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 os mineiros acordaron cortarlle o paso ós militares que viñesen de Santiago de Compostela, rebentando con explosivos unha das arcadas da ponte do río Beluso. Deste acto foron inculpados os mineiros, entre eles José Ces Caamaño, xunto co cenetista José Saavedra García, Ricardo Vilas Quintáns, Francisco Tubío Vicente e mais Celestino Horta Resúa.

Estivo fuxido, agochado no monte, de cando en vez aparecía pola noite na súa casa ou na dalgún parente para durmir. Foi capturado tras acudir ó enterro dun parente, metérono nun coche e pegáronlle uns tiros na Ponte Beluso, onde deixaron o seu corpo. Foi soterrado no cemiterio de Bealo.

Vida persoal Casou ós 20 anos con Dorinda Lorenzo Otero, peixeira, que levaba o peixe a vender polas aldeas da contorna, con quen tivo dous fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1936