Coroa de Waitangi "1 Crown - George V Waitangi". Numista.com"Proof Coin - Crown (5 Shillings), New Zealand, 1935". Collections.museumsvictoria.com.au200x200px200x200pxA/: Busto coroado de Xurxo V cara á esquerda, con lenda arredor. Lendas: GEORGE V KING EMPERORR/: Aperta de mans entre o xefe maorí Tāmati Wāka Nene e o británico William Hobson. Coroa na parte superior. Lendas: NEW ZEALAND CROWN / WAITANGI Data: 1935. Período: Dominio de Nova Zelandia (1907-1947). Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: Percy Metcalfe. Tiraxe: 1.128 exemplares (incluídos 468 proof). Aliaxe: prata (500 ‰). Diámetro: 38,61 mm. Peso: 28,28 g. Canto: estriado.
A coroa de Waitangi é unha moeda de prata con ese valor facial, equivalente a cinco xilins, cuñada en 1935 pola Royal Mint de Londres para o Dominio de Nova Zelandia, en conmemoración da sinatura en 1840 do Tratado de Waitangi, considerado adoito como o documento constitucional fundacional de Nova Zelandia.
Trátase da primeira moeda de cinco xilins emitida baixo o sistema da libra neozelandesa e a primeira moeda do país cuñada principalmente para os coleccionistas numismáticos.
Logo do rexeitamento dos deseños de James Berry e George Kruger Gray, o deseñador da Royal Mint Percy Metcalfe —que tamén deseñara o busto de Xurxo V no anverso da moeda— recibiu a encarga de ocuparse igualmente do reverso. Os desacordos no deseño entorpeceron a produción da coroa, e só se cuñou unha pequena tiraxe de 1.128 exemplares (incluídas 468 probas), que se distribuíron aos coleccionistas.
Esta moeda, do mesmo xeito que a media coroa do centenario, de 1940, foi cuñada en prata procedente da mina Martha, na Illa Norte."Minting of Crowns". En Wanganui Chronicle. 11 de outubro de 1948. Páxina 4.
Malia a escasa cobertura dos medios de comunicación no momento do seu lanzamento e a falta de interese xeral polo coleccionismo de moedas durante as secuelas económicas da Gran Depresión, co tempo esta moeda converteuse nun obxecto de colección moi cobizado entre as moedas de Nova Zelandia. O seu prezo habitual no mercado numismático rolda os milleiros de euros, en función do estado de conservación, mais un exemplar emitido como proba e nunhas condicións excelentes chegou a alcanzar superar nunha poxa os 70.000 dólares, converténdose así na moeda neozelandesa máis cara xamais vendida.
Antecedentes
+ Dous dos sinantes do Tratado de Waitangi 227x227px 228x228px Xefe Tāmati Wāka Nene,por Gottfried Lindauer (1890)."Tamati Waka Nene". Auckland Art Gallery Toi o Tāmaki (indaueronline.co.nz). William Hobson,por James Ingram McDonald (1913)"Captain William Hobson 1913]". National Library Wellington (natlib.govt.nz).
O Tratado de Waitangi foi un acordo asinado en 1840 firmado na Baía das Illas entre varios xefes maorís, entre eles Tāmati Wāka Nene, e o representante británico William Hobson. Logo da anterior Declaración de Independencia de Nova Zelandia, o tratado estableceu a soberanía da Coroa Británica sobre Nova Zelandia como unha parte de Nova Gales do Sur, xunto co recoñecemento da autonomía e de certos dereitos territoriais para os maorís.King, M. (2003). Penguin History of New Zealand. Auckland: Penguin Books. Páxinas 151-167. ISBN 9781742288260 Este tratado, malia non ser directamente executable, converteuse nun documento constitucional para Nova Zelandia e para a relación entre maorís e os pākehā."Te Tiriti o Waitangi – Treaty of Waitangi". New Zealand Ministry of Justice (Justice.govt.nz).
Aínda que no seu período inicial de colonización se utilizaron varias moedas de prata estranxeiras, as moedas de prata británicas pasaron a ser dominantes na circulación tras a confirmación da libra esterlina como única moeda de curso legal en 1858, xunto con varias fichas de cobre emitidas xeito local.Matthews, K. (2003). Ademais, malia non ter sido nunca unha moeda de curso legal, a introdución da libra australiana provocou a circulación ocasional de moedas australianas, acelerada pola Gran Depresión. En 1931, estimábase que entre o 30 % e o 40 % das moedas en circulación en Nova Zelandia eran australianas. A desvalorización da libra neozelandesa en relación coa libra esterlina deu orixe a un contrabando masivo de divisas e escaseza de moedas.Hargreaves, R. P. (1972).
A Lei da Moeda de 1933 permitiu a emisión de moedas no novo sistema da libra neozelandesa, e estableceu especificacións de peso e pureza da aliaxe para seis moedas de prata do novo sistema, fixada nun 50 % de prata en peso.An act to make Provision with respect to Currency, Coinage, and Legal Tender in New Zealand (Coinage Act. 1933) . New Zealand Acts As Enacted (nzlii.org). Aínda que a coroa estaba entre os valores nominais previstos nesta lei, a Royal Mint limitouse inicialmente á cuñaxe das moedas dos valores nominais máis pequenos durante 1933 e 1934. De feito, non non se propuxo ningún deseño para unha moeda dunha coroa durante o proceso de selección inicial, aínda que si que se chegou a definir para emisións futuras a coroa como unha moeda cun diámetro de 1,525 polgadas e un peso de 28,27 gramos.Familton, R. J.; McLintock, A. H. (1966). "Coinage". En An Encyclopaedia of New Zealand. Do mesmo xeito que outras moedas de prata de Nova Zelandia, o canto desta moeda sería estriado."Proof Coin - Crown (5 Shillings), New Zealand, 1935". Museums Victoria.
Todos os deseños de anverso da serie neozelandesa utilizaron un retrato de Xurxo V coroado, que fora deseñado por Percy Metcalfe inicialmente para o seu uso na libra de Rodesia do Sur. Este novo retrato foi unha adaptación a partir doutro máis antigo cerado polo artista Bertram Mackennal, que aparece noutras moedas coloniais británicas.Stocker, M. (2005).
Comezo miniatura|esquerda|O ministro de Finanzas, Gordon Coates, en 1931."Joseph Gordon Coates". National Library Wellington (Natlib.govt.nz).|291x291px
A Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia desempeñou un papel importante nos deseños da serie de moedas de 1933, xa que varios dos seus membros formaban parte do Comité de Cuñaxe, organizado polo ministro de Finanzas, Gordon Coates, co fin de loitar polo control dos deseños do Comité Asesor da Royal Mint e do seu director, Robert Johnson.
O artista da Royal Mint George Kruger Gray traballou coas propostas do Comité de Cuñaxe durante as derradeiras etapas do proceso de deseño.Johnson, R. A. (1934). Sixty-Fourth Annual Report of the Deputy Master and Comptroller of the Royal Mint - 1933. Vol. 64. His Majesty's Stationery Office, Londres. Páxinas 6-8. Allan Sutherland, secretario honorario da Sociedade Numismática e o su representante ante o Comité de Cuñaxe, propúxolle por primeira vez ao secretario do Tesouro, Alexander Dallas Park, unha emisión de coroa conmemorativa en outubro de 1933, durante as etapas finais da produción da emisión inicial de moedas menores. Sutherland citou o precedente das emisións conmemorativas da coroa esterlina, ademais de posibles beneficios gobernamentais. Propuxo unha emisión de polo menos 10.000 exemplares destinados ao coleccionismo, tendo en conta o apreciable aumento da demanda dos coleccionistas cara a unha moeda que acababa de ser introducida, como a libra neozelandesa.Stocker, M. (2010).
O Goberno amosouse receptivo coa proposta e informou a Sociedade Numismática en xaneiro de 1934 da súa intención de producir unha moeda deste tipo para conmemorar o Tratado de Waitangi. O numismático Allan Sutherland e o presidente da Sociedade, John Rankine Brown, desaprobaron a elección do tema, ao creren que o vindeiro centenario do tratado en 1940 sería máis acaído para tal conmemoración.Johnson, R. A. (1934). Sixty-Fourth Annual Report of the Deputy Master and Comptroller of the Royal Mint - 1933. Vol. 64. His Majesty's Stationery Office, Londres. Páxinas 6-8. O ministro de Finanzas, Gordon Coates, anunciou publicamente a moeda no xornal Auckland Star o 7 de febreiro, logo das primeiras celebracións oficiais do Día de Waitangi. Neste anuncio describíase unha versión anterior do deseño, finalmente non adoptada, que presentaba a varios misioneiros —entre eles o reverendo Henry Williams— xunto a Tāmati Wāka Nene e William Hobson. Tamén se anunciaba incorrectamente nesta declaración que do deseño inicial se ocuparía Kruger Gray, cando realmente isto xa se lle encomendara ao artista local George James Berry."Waitangi Emblem. New Five-Shilling Piece". En Auckland Star. 7 de febreiro de 1934. Páxina 9.miniatura|Modelo en escaiola de Kruger Gray a partir dun esbozo de Berry, co erro ortográfico "Witangi".Stocker, M. (2010). Páxina 180.|230x230px Deseño
Propostas iniciais de James Berry Os esbozos de Berry foron encargados como proxectos para que os deseñadores da Royal Mint traballasen sobre eles. Como fonte de inspiración para o reverso utilizouse un baixorrelevo da base do monumento á Raíña Vitoria en Wellington, que logo foi reproducido no reverso do billete de dez xilins. Sutherland suxeriu que isto permitiría a exhibición de varias figuras, mais sen sobrecargar o deseño.
Outro dos deseños propostos Berry foi modelado posteriormente en escaiola por Kruger Gray, e amosaba a aperta de mans entre Hobson e Wāka Nene, coa inscrición WITANGI mal escrita, encima da escena. Estes deseños non foron do agrado da Royal Mint, que os descartou.
Deseño final de Percy Metcalfe Por recomendación do escultor galés Goscombe John, finalmente encomendóuselle ao autor do anverso, Percy Metcalfe, que modelase ambas as faces da moeda. Metcalfe deseñara tamén previamente unha serie de modelos finalmente rexeitados para as emisións das moedas menores, en 1933. En xullo de 1934, seis semanas despois de que o deseño de Berry fora rexeitado, Percy Metcalfe presentou fotografías doutro modelo a unha Royal Mint que se amosaba moi receptiva. miniatura|Un relevo de John Flaxman inspirou a escena do reverso da coroa de Waitangi."Mercury Joining the Hands of Britain and France". Art Institute Chicago (artic.edu).|293x293pxÉ probable que este deseño estivese inspirado no traballo de James Berry, quen anteriormente xa mencionara un deseño alternativo que presentaba as dúas figuras de pé debaixo dunha coroa. Outra inspiración foi un relevo do escultor británico do século XVIII John Flaxman, con Mercurio unindo as mans de Gran Bretaña e de Francia. O deseño de Metcalfe presentaba a Wāka Nene envolto nunha capa, vestindo e sostendo unha taiaha, e apertando a man de William Hobson debaixo dunha coroa real. De xeito diferente a deseños posteriores, Nene carece de tatuaxes faciais neste modelo inicial. Metcalfe e Robert Johnson estaban relativamente pouco familiarizados co material orixinal. Inicialmente, Johnson non sabía nin sequera se o Capitán Hobson debía ser representado con barba ou ben afeitado. A pesar de que os prazos de produción se estenderon ata finais de 1934, o modelo levaba a data de 1933, en liña coas outras moedas da serie inicial.
A Royal Mint deulle a Metcalfe algunhas pequenas suxestións, sinaladamente relacionadas co uniforme de Hobson, mais o ministro Gordon Coates decidiu paralizar os traballos no deseño a principios de setembro de 1934. En novembro, Coates alertou a Royal Mint acerca dos problemas xurdidos coa modelaxe das extremidades e coa roupa de Nene: pediu o refinamento dos membros do xefe cara a unha posición menos ríxida, xa que os consideraba mal formados; ademais, suxeriu que se reducise o motivo da coroa e que se substituíse a capa de Nene por un traxe co peito descuberto e cun piupiu. Coates describiu os rostros das figuras deste xeito: "ningún deles [...] ten semellanza ningunha coas personalidades que se pretende representar".