Un aeroxerador,Voz aeroxerador. Gran Dicionario Xerais da Lingua. Edicións Xerais, Vigo, 2009. muíño eólico ou muíño de vento é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Este tipo de xerador tense popularizado rapidamente debido ao feito de que ao ser a enerxía eólica un tipo de enerxía renovábel, apenas produce custos de produción como tampouco non produce contaminación nin contribúe ao efecto invernadoiro. No entanto, a cantidade de enerxía producida por este medio é aínda unha mínima parte (arredor do 1% do consumo mundial) da que se consome nos países desenvolvidos. Galiza é unha das zonas máis avanzadas en produción de enerxía eólica, cun 12%, lonxe do 18% de Dinamarca, aínda que proporcionalmente máis,Artigo de Xabier Vázquez Pumariño ben por riba da media da UE.
Os aeroxeradores tamén se coñecen popularmente co nome de virandelos.
Funcionamento Un aeroxerador dividese en tres partes: Torre: canto máis alta, mellor. Aspas: canto máis grandes, máis potencia. Nacele: Contén a caixa de engrenaxes e o xerador.
A caixa de engrenaxes é necesaria porque as aspas xiran a unha velocidade moi baixa e é necesario axustala ao réxime do xerador, tradicionalmente unha máquina asíncrona.
Segundo a súa tipoloxía existen tres tipos de sistemas.
Xerador con rotor en gaiola. Xerador con rotor bobinado. Máquina síncrona conectada directamente. miniatura|Vídeo dun aeroxerador en funcionamento.|centro|299x299px Características Os aeroxeradores teñen aumentado moito o seu tamaño, pois a superficie varrida polas aspas é proporcional á potencia subministrada, que tamén aumenta coas velocidades das mesmas, facendo que en total a potencia aumente co cubo do radio das aspas. No 2019 existen xeradores de máis de 120 m de diámetro da superficie varrida polas aspas.
Galería de imaxes
Fabricantes Vestas Made Enair
Notas
Categoría:Aerodinámica Categoría:Enerxías renovables Categoría:Enxeñaría eléctrica Categoría:Aeroxeradores