Meher Baba (en , en devanágari: मेहेर बाबा) é como se coñece a Merwan Sheriar Irani nado en Pune no 25 de febreiro de 1894 e finado en Ahmednagar, Maharashtra, no 31 de xaneiro de 1969, foi un mestre espiritual hindú, aceptado no seu tempo por algúns humanos como avatar (Deus encarnado).New Religious Movements in the United States and Canada: A Critical Assessment and Annotated Bibliography. Diane Choquette. Greenwood Press. Westport, CT. 1985. páx. 12.
Traxectoria Merwan Sheriar Irani naceu en Pune, India, nunha familia zoroastriana de orixe iraniana. Os seus primeiros seguidores déronlle o nome de "Meher Baba", que significa "pai compasivo". Desde o 10 de xullo de 1925 até a súa morte en 1969, Meher Baba permaneceu en silencio. Comunicábase sinalando letras nunha tabela co alfabeto latino e máis tarde, tamén con xestos. Meher Baba dixo que o exercicio espiritual do seu silencio non era para o seu propio beneficio, senón que era unha condición necesaria do seu traballo universal para o beneficio de toda a Humanidade. Comentaba a miúdo o momento no que "rompía o seu silencio falando a 'Palabra' en cada corazón, dando así un impulso espiritual a todos os seres vivos". Haynes (1989) p. 66
Na década de 1930, Meher Baba comezou unha serie de viaxes polo mundo, con varias estancias en Europa e Estados Unidos.
Na súa primeira viaxe a Inglaterra, en 1931, coñeceu no barco a Mahatma Gandhi, quen ía á segunda rolda de negociacións sobre a independencia da India en Londres. Baba e Gandhi comunicáronse tres veces durante a viaxe.Purdom (1964) p. 95. A prensa británica destacou estas reunións,Véxanse os artigos no Daily Herald, 4 abril de 1932 (citado por Kalchuri, 1986, páx. 1573) e no Sunday Express, abril 1932 (citado por Purdom, 1964, páx. 99) pero un asistente de Gandhi declarou que "Debedes dicir sobre todo que Gandhi nunca lle pediu a Meher Baba ningunha axuda espiritual ou doutra forma".Landau, Rom, "God Is My Adventure", Faber & Faber, Londres, 1936, páx. 111.
Visitou Barcelona durante a II República española, o 1 de novembro de 1933. Meher Baba díxolles aos seus compañeiros que chegou a contactar cun dos seus "axentes espirituais", que resultou ser un simple policía da praza de Catalunya.Meher Prabhu: Lord Meher, The Biography of the Avatar of the Age, Meher Baba. Manifestation, 1986, páx. 1838-1839.
Na cultura popular Pete Townshend, líder do grupo de rock The Who, foi seguidor de Meher Baba e as súas ensinanzas foron unha importante fonte de inspiración para moitas das súas cancións, incluíndo "Tommy""Tommy", The Who, Gatefold cover acknowledgements, 23 de maio de 1969. e o inacabado proxecto Lifehouse. A canción "Baba O'Riley", escrita para Lifehouse e que finalmente apareceu no álbum Who's Next, leva o nome de Meher Baba e do compositor minimalista Terry Riley.
Tamén o título da canción "Don't Worry, Be Happy", do compositor de jazz Bobby McFerrin, saíu dunha coñecida frase de Meher Baba.Bruce Fessier, USA Weekend Magazine, 21-23 de outubro de 1988.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Purdom, C. B. (Charles Benjamin; 1964). The god-man; the life, journeys, and work of Meher Baba with an interpretation of his silence and spiritual teaching, 1883-1965 , George Allen & Unwin Ltd, Londres. Haynes, Charles. (1989). Meher Baba, The Awakener. San Francisco: Avatar Foundation, Inc.
Ligazóns externas meherbaba.org Arquivado MeherBaba.com.ar Arquivado Meher Baba en castelán. Arquivado
Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Hinduísmo