dereita|miniatura|323x323px| Localización de Chandigarh, na rexión do Panxab. Chandigarh, tamén chamada "A Cidade da Beleza", é unha cidade da India e un territorio de unión (union territory), porque é a capital de dous Estados indios: o Panxab e Haryana.

Historia Chandigarh xurdiu materialmente en 1952 cando se puxo a súa primeira pedra. É unha das cidades modernas da India, deseñada polo arquitecto e urbanista francés Le Corbusier. Foi a "cidade soñada" do 1º Primeiro ministro da India, Sh. Jawahar Lal Nehru.

Como territorio non pertence a ningún dos dous Estados. Antes do 1 de novembro de 1966 era a capital do Panxab Oriental, pero despois da formación de Haryana o 1 de novembro de 1966 converteuse nun territorio de unión.

Lugares de interese Hai moitos lugares turísticos en Chandigarh, como o xardín de rochas, o xardín de rosas e o lago Sukhna, e de interese arquitectónico e urbanístico, como o complexo do Capitolio Chandigarh, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2016.

Economía É coñecida pola súa formación cultural mixta e o seu rápido desenvolvemento no campo das tecnoloxías da Información e a comunicación. Ten puntos de venda de moitas empresas multinacionais establecidas aquí e está emerxendo como un centro de desenvolvemento empresarial. O territorio abarca unha superficie de 44 mi² ou 114 km², é máis extenso que a illa Montserrat pero menor do que a illa de Jersey.

Toponimia Etimoloxicamente, Chandi significa "bo", e ghar significa "fogar", polo que o significado literal do nome da cidade significa "Bo fogar".

Símbolos territoriais de Chandigarh

Categoría:Cidades da India