Iñaki Castiñeira Alemany, nado en Vic-Barcelona o 9 de xuño de 1989, é un empresario galego.
Traxectoria
Desde moi novo estivo ligado a Taboada (pai de Piñeira), onde pasaba as vacacións. Desde 2020 asentouse en Chantada coa súa parella. Estudou no Colexio Sagrat Cors de Torelló e bacharelato técnico no Colexio de La Salle de Manlleu, cun grao superior de Informática e sistemas.
Traballou na empresa Cotronic e en 2011 fundou CFT para traballar nas redes de fibra óptica. En 2017 creou CITELFO S.L. En febreiro de 2021 creou en Chantada A Túa Xanela para comercializar servizos de telefonía, Internet e fibra óptica sobre todo no rural. Nos anos seguintes abriu máis tendas e asentouse no Polígono Industrial Os Acivros. A Túa Xanela contaba en 2024 con catro tendas, máis de cen traballadores e de 12.000 clientes.
Iñaki Castiñeira foi elixido presidente da Asociación de Empresarios de Chantada - CCA Ribeira Sacra en 2024.
Premios
miniatura|No medio de Ramón Rodríguez Porto e José Randolfe Vilariño en Chantadaminiatura|Premios Billó de Ouro 2024 en Chantada: Anxo González Guerra (Billó de Ouro 2023), Pegerto Torres Hermida (Billó de Ouro 2022), Iñaki Castiñeira Alemany (Billó de Ouro 2024) e José Jesús Ramos Ledo (Billó de Ouro 2021)2024: Billó de Ouro concedido pola Asociación Cultural e Gastronómica Luso-Galaica e o Concello de Chantada.El Progreso-Ribeira Sacra. A. L. "El premio Billó de Ouro será este año para el empresario Iñaki Castiñeira". 23 de outubro de 2024
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Vic Categoría:Empresarios do sector de telecomunicacións