Nikolai Semionovich Leskov (en ) nado en Gorokhovo, no oblast' de Oryol, no 16 de febreiro de 1831 Gregoriano / 4 de febreiro Xuliano e finado en San Petersburgo, Imperio Ruso, no 5 de marzo de 1895 Greg. /21 de febreiro Xul. foi un escritor ruso de novelas e contos. Os seus relatos están considerados un dos cumes da Era Dourada da literatura rusa.
Traxectoria Leskov formouse no instituto e traballou nun xulgado penal da súa cidade natal. Despois trasladouse a Kíiv, onde participou en círculos de estudantes e dedicouse ao comercio.
Na década de 1860 comezou a traballar como escritor e xornalista e trasladouse a San Petersburgo.
Nos seus contos e novelas, describiu a sociedade rusa do seu tempo. O seu estilo era único e innovador e foi moi apreciado por escritores como Tolstoi, Chéjov e Gorki.
Lady Macbeth de Mtsensk
A súa novela curta Lady Macbeth de Mtsensk ou Lady Macbeth do distrito de Mtsensk (1865) trata da vida de Katerina Izmailova, unha muller rusa casada e sen fillos, que sofre a opresión do seu sogro Boris e a indiferenza do seu marido Zinovy. Cando este viaxa por negocios, Katerina inicia unha relación adúltera co criado Sergei. Após seren descubertos, Katerina envenena a Boris e libera a Sergey, Cando Zinovy regresa, descobre a infidelidade e tamén é asasinado pola súa muller e Sergei. Casan, pero a verdade descúbrese e son encarcerados nas kátorgas. De camiño a Siberia, Sergei é infiel con outra muller. Katerina, devastada, asasina á rival e suicídase.
Inspirou unha ópera homónima (Леди Макбет Мценского уезда transliterado, Ledi Mákbet Mtsénskogo Uyezda Op. 29, coñecida tamén como ) de Dimitrii Shostakovich.
Notas
Véxase tamén
Literatura rusa
Categoría:Novelistas de Rusia Categoría:Xornalistas de Rusia Categoría:Literatura de Rusia Categoría:Escritores de Rusia