Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes. Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn, nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch, en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen; esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg", que significaría "espada escintilante".

A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.

A obtención de Excalibur Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da mítica espada. Geoffrey de Monmouth só di que a mesma foi forxada en Avalon, sen dar máis detalles.

No Ciclo da Vulgata cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a Dona do Lago. Porén hai outra historia (máis difundida, mais que segundo os primeiros escritos non era a orixinal) na cal se conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por Merlín. En resumo, Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe o poder a quen a posuíra de non ser ferido nunca.

A desaparición de Excalibur O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado Girflet, Bedivere, Lanzarote ou Perceval, segundo o relato.

Cando o cabaleiro lanza a espada ao estanque, unha man xorde da superficie da auga, colle a espada e despois desaparece nas profundidades.

Na cultura popular De sempre tivo unha gran presenza nas diversas manifestacións da cultura popular.

Videoxogos

Saga The Legend of Zelda (coñecida Espada da Deusa en Skyward Sword e despois como Espada Mestra tras se fundir coas 3 chamas sagradas no mesmo xogo). Saga Final Fantasy Saga Soulcalibur Reigns Saga Fire Emblem Borderlands King Quest Quest for Camelot Castlevania Sonic and the Black Knight Warframe, como personaxe xogable Assassin's Creed: Valhalla Tomb Raider: Legend Saga Fate Terraria Golden Sun II: La Edad Perdida Smite Tales of Phantasia Dying Light (como EXPcalibur) Sunset Overdrive Tibia (como Excalibug) Hades (Excalibur preséntase como un aspecto oculto que adopta a espada Estixiana) The Quest for Excalibur: Puy du Fou (a trama principal do xogo está arredor da lenda do rei Arturo e maila súa espada) Ace Combat Zero: The Belkan War (o nome dunha súper-arma provén da mítica espada).

Cine

1963 The Sword in the Stone, película de animación de Walt Disney Pictures (en España, foi titulada Merlín el Encantador). 1977 Monty Pyhton and the Holy Grail 1981 Excalibur dirigida por John Boorman; a espada dá nome a película sobre o Rei Artur e as súas aventuras. 1995 First Knight con Richard Gere como Lancelot e Sean Connery como o Rei Artur. 1998 Merlín dirixida por Steve Barron; facendo alusión en gran parte ao ciclo da Vulgata. 1998 Quest for Camelot 2004 King Arthur. 2007 The Last Legion, na cal se conta que a espada pertencía a Xulio César e foi atopada polo seu descendente Rómulo Augústulo, quen mudou o seu nome a Pendragon. 2017 Rei Artur: A lenda de Excálibur, filme dirixido por Guy Ritchie. 2019 Hellboy, filme dirixido por Neil Marshall. 2019 The Kid Who Would Be King, película dirixida por Joe Cornish.

Series televisivas

1993 The Simpsons, no episodio 4 da tempada 5. 2008 Merlin, serie da BBC. 2014 The Librarians, serie emitida pola TNT, que deu lugar a varias películas. 2015 Once Upon a time. Aparece, a espada, na 5ª temporada 2020 Wizards: Tales of Arcadia, serie de animación de Dreamworks Animation LLC, creada por Guillermo del Toro. 2021 Eternals, serie creada en 2014 por Marvel Comics, que tamén deu lugar a películas. A espada Excalibur acabou en mans do personaxe Makkari. 2022 Puss in Boots: The Last Wish., serie de animación de Dreamworks Animation LLC, na que a espada formaba parte da colección de artigos máxicos de "Big" Jack Horner.

Banda Deseñada

1980 Na serie limitada Camelot 3000 publicada por DC Comics, Excalibur é a arma principal do reencarnado Rei Artur . 1988 Na serie Saint Seiya (en galego, Cabaleiros do Zodíaco), a espada foille entregada a Shura de Capricornio pola deusa Athena como recompensa por ser o seu cabaleiro máis leal, e este a empregou para atacar os seus opoñentes. 1999 Digimon Adventure, aparece como a Espada de Magnaangemon. 2004 Fate/stay night, novela visual xaponesa adaptada a diversos medios, na que o personaxe Saber, leva a espada.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Categoría:Mitoloxía celta Categoría:Materia de Bretaña Categoría:Mitoloxía galesa Categoría:Obxectos mitolóxicos Categoría:Espadas ficticias