Castroverde é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. O xentilicio é .
Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.2ª declinación de substantivo neutro. Segundo Lewis & Short, elemento do dicionario vinculado en ligazóns externas, xeneral, ben sexa en singular ou plural, castra cun posible significado de tendas.
Demografía
Segundo o IGE en 2015 tiña 2.802 habitantes (3187 no 2006, 3236 no 2005, 3286 no 2004, 3372 no 2003).
Censo total 2015 2.802 habitantes Menores de 15 anos 197 (7,03 %) Entre 15 e 64 anos 1,617 (57,71 %) Maiores de 65 anos 988 (35,26 %)
Localización O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreo vai gañando altura cara ao leste: Serras de Monciro, do Mirador (coa altura de 1034 m en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.
Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.
O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de até 13 °C entre temperaturas invernais baixas (5,6 °C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7 °C). Chove arredor de 1.000 mm.
Historia Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.
Monumentos Na propia vila fica aínda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos, tamén chamado Castelo de Castroverde. Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.
A igrexa de Santa María de Vilabade, alcumada "catedral de Castroverde", foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro; é gótica, mais con adicións posteriores e retablos barrocos.
Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, reformada no ano de 1619, así como outras varias con elementos románicos.
Festas e feiras Festas de Santiago o Maior, os días 24, 25 e 26 de xullo, con numerosas actividades. Festa da Xuventude, o 27 de decembro. Feira da Artesanía. o 24 de agosto. Feira, domingos alternos. Festa dos Avós, en abril.
Galería de imaxes
Lugares de Castroverde Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castroverde vexa: Lugares de Castroverde.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas http://www.concellodecastroverde.com
Categoría:Castroverde Categoría:Localidades do Camiño Primitivo Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía