Amador Rodríguez Martínez, nado en Melide en 1910 e finado no mesmo concello o 15 de outubro de 1946, foi un sacerdote e investigador do folclore tradicional popular galego.

Traxectoria Era fillo de José Rodríguez Ureña e de Elisa Martínez Sobrado, que rexentaron o ultramarinos Aceiteiro na Ronda da Coruña. Foi ordenado sacerdote, e exerceu o seu ministerio na vila de Melide. En xuño de 1929 uniuse ao traballo de campo do Seminario de Estudos Galegos na xeira levada a cabo na Terra de Melide, e publicou xunto con Vicente Risco o capítulo “Folklore de Melide” na monografía do ano 1933 Terra de Melide. Escribiu un “Auto dos Reis Magos”, que os nenos da vila representaron na desaparecida igrexa parroquial de San Pedro. A peza incluía a seguinte estrofa:

Xosé Filgueira Valverde refírese a Amador Rodríguez, nos seguintes termos:

Finou en Melide o 15 de outubro de 1946.Necrolóxica en El Ideal Gallego, 16-10-1946, p. 6. Recoñecementos Na década de 1990 o Concello de Melide aprobou darlle o seu nome a unha rúa na vila, mais non se inaugurou até 2010. Dita vía localízase nas proximidades do CEIP Mestre Pastor Barral.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Centro de Estudios Melidenses nº 10: "Fotos de Melide, 1904-1996". Ligazóns externas Persoeiros das letras de Melide

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1946