Riverdance é unha compañía de espectáculo teatral, formado principalmente por música e danza tradicional irlandesa, e produtos artísticos asociados, como audiovisuais e un filme de animación titulado Riverdance: The Animated Adventure.

Historia Riverdance xurdiu dunha composición de Bill Whelan, estreándose como un acto intermedio durante o Festival de Eurovisión de 1994. O espectáculo contou coa participación dos campións de danza irlandesa Jean Butler, Michael Flatley e o grupo vocal Anúna.

Pouco despois, o equipo de produción do matrimonio de John McColgan e Moya Doherty expandírono nun espectáculo teatral que se estreou en Dublín o 9 de febreiro de 1995. Desde entón, o espectáculo visitou máis de 450 lugares en todo o mundo e foi visto por máis de 25 millóns de persoas, sendo unha das producións de danza máis exitosas do mundo.

En 2019 lanzaron o álbum do 25 aniversario.

Notas

Véxase tamén

Danza irlandesa Música irlandesa Davy Spillane

Categoría:Teatro en Irlanda Categoría:Música de Irlanda Categoría:Cinema de Irlanda Categoría:Folk celta Categoría:Danza Categoría:Baile de Irlanda