O ojibwa do norte do lago Superior é un dialecto da lingua ojibwa falado na costa norte do lago Superior, na área do leste do lago Nipigon, en Sault Ste. Marie, Ontario. As comunidades inclúen (de leste a oeste) Pic Mobert, Pic Heron, Pays Plat, Long Lac, Aroland, Rocky Bay e Lake Helen, todas elas en Ontario.Valentine, J. Randolph, 1994, 28, 33
Trazos dialectais Os trazos distintivos do norte do lago Superior reflíctese nun pequeno número de "características gramaticais e características léxicas substanciais".Valentine, J. Randolph, 1994, p. 45 Este dialecto atópase no grupo meridional de dialectos ojibwa, mais tamén contén unha mestura cos dialectos setentrionais.Valentine, J. Randolph, 1994, pp. 39-40; 437 Comunidades como Aroland e Long Lac que están na parte norte da área dialectal mostran máis características que se atopan nos dialectos do norte.Valentine, J. Randolph, 1994, p. 437
O ojibwa do norte do lago Superior non aparece incluído en Ethnologue.Gordon, Raymond G., 2005
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gordon Jr., Raymond G., ed., 2005. Ethnologue: Languages of the World, 15th edition. Ethnologue: Languages of the World Dallas: Summer Institute of Linguistics. Valentine, J. Randolph. 1994. Ojibwe dialect relationships. PhD dissertation, Universidade de Texas, Austin
Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas amerindias do Canadá