A lingua shawnee (saawanwaatoweewe, sâwanwâtowêwe) é unha lingua algonquina falada en partes do centro e nordeste de Oklahoma polo pobo shawnee. Era orixinalmente falada por este pobo nun territorio amplo no leste dos actuais Estados Unidos, maioritariamente ao norte do río Ohio. Ocupaban territorio en Ohio, Virxinia Occidental, Kentucky e Pensilvania. O shawnee está intimamente relacionado con outras linguas algonquinas, como o mesquakie-aauk (sac e fox) e o kickapoo. Segundo un censo de 2015, conta con 260 falantes, aínda que o seu número está a minguar. É unha lingua polisintética que se caracteriza como ter liberdade na ordenación das palabras.Andrew, Kenneth Ralph. Shawnee Grammar. ProQuest Dissertations and Theses; 1994 O shawnee está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Pobo shawnee