Non confundir con Mesa redonda de debate. miniatura|dereita|A Mesa Redonda de Winchester (século XIII) Os cabaleiros da Táboa Redonda foron os homes premiados coa máis alta orde da Cabalaría, na corte do Rei Artur, no Ciclo Artúrico. A Táboa Redonda ou Mesa redonda, ao redor da cal eles se reunían, foi creada con este formato para que non tivese cabeceira, representando a igualdade de todos os seus membros. En diferentes historias, varía o número de cabaleiros, indo de 12 a 150 ou máis.Daniel Mersey, Myths & Legends: The Knights of the Round Table, page 4. A Winchester Round Table, que data de 1270, é unha lista con 25 nomes de cabaleiros.

Código de cabalaría Sir Thomas Malory describe o código dos cabaleiros como:

Nunca insultar nin asasinar; Evitar sempre a traizón; De ningunha forma ser cruel, mais conceder misericordia a quen pedir por ela; Sempre socorrer señoras, damas e viúvas; Nunca forzar señoras, damas ou viúvas; Nunca asumir loitas e querelas erradas por amor ou bens materiais. Sempre protexer o non matar. Axudar ao próximo.

Orixes da Táboa Redonda O primeiro escritor a describir a Táboa Redonda foi o poeta do século XII Wace, cuxo Roman de Brut tomou como base a Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth. Este recurso foi utilizado por moitos autores posteriores. Aínda, mesmo os primeiros autores atribúen a Artur un séquito de guerreiros extraordinarios; en Geoffrey, a corte de Artur atrae os maiores heroes de toda a Europa. No material artúrico galés, moito do cal está incluído nos Mabinogion, atribúense habilidades sobrehumanas aos homes de Artur. Algúns dos personaxes do material galés aparecen mesmo so nomes alterados como cabaleiros da Táboa Redonda nas novelas continentais, os mais notábeis dos cales son Cai (sir Kay), Bedwyr (sir Bedivere) e Gwalchmai (sir Gawain).

Lista de cabaleiros da Táboa Redonda Teoricamente, a Táboa Redonda tería apenas 12 ou 24 cabaleiros, conforme as versións. No entanto, nas varias historias e versións das lendas, aparecen referidos como cabaleiros mais dunha centena de nomes, dos cales, os mais famosos van a seguir referidos.

Nota: nas versións medievais galego-portuguesas das historias da Táboa Redonda, os nomes dos cabaleiros eran moitas veces precedidas do título de nobreza don. Modernamente, por influencia anglosaxoa, mesmo nas linguas galega e portuguesa pasou a ser común preceder os nomes polo título británico correspondente (sir).

Nome Variantes do Nome Alcuña Descrición Obras Literarias Accolon Accolon de Galia Amante de Morgana e inimigo de Artur Aglovale Fillo do Rei Pellinore de Listinoise Agravain Agraveine Fillo do Rei Lot de Orkney Bedivere Bedwir, Bedwyr Condestábel e un dos principais conselleiros de Artur Boors Bors, Bohort, Bohor Boors, o Exilado Rei de Gaunes (Galia), irmán de Leonel, primo de Lancelot e de Heitor. Un dos que chegou ao fin da demanda do Graal Breunor La Cote Male Taile Cador Calogrenant Caradoc Karadoc Caradoc Freichfras (Caradoc Brazo-Forte) Colgrevance Constantino Constantine Fillo de Cador e que se tornou Rei após a morte de Artur Dagonet Dragonet O Bobo da Corte Daniel Dinadan Irmán de Daniel e Brunor Gaheris Guerrehet Fillo de Lot e de Morgause Galahaz Galaaz Galahad o Valente (Galahad, o Valente Cabaleiro) Fillo de Lanzarote do Lago Galehaut Señor das illas afastadas Gareth Gaheriet Gareth, o Franco Fillo de Lot e de Morgause Gauvain Galvam e Galvão (versións galego-portuguesas medievais), Gawain, Gauvaine, Gawaine, Balbhaidh, Gwalchmai O Falcón Fillo de Lot e de Morgause e sobriño de Artur Geraint Érec Érec e Énide Gingalain O Belo Descoñecido Fillo de Gauvain Girflet Jauffré Heitor Hector, Ector Heitor das Lagoas Fillo do Rei Ban de Benoic e da Raíña Helena, padrasto de Artur e pai de Kay Hoel Hunbaut Ivain Ivaine, Ywain, Owain, Owains O Cabaleiro do León Fillo de Uriens e de Morgana. Un dos mellores cabaleiros, expulsado por Artur, mais a el fiel e ás demandas. Acompañado dun león. Yvain, o Cabaleiro do León Ivain, o Bastardo Ywain o Bastardo Ywain o Aventureiro Tamén fillo de Uriens Kay Cai, Kai, Keu, Caius, Caio Senescal, frecuentemente asociado con Bedivere, un dos primeiros personaxes en formar parte dos Cabaleiros da Táboa Redonda de Artur Lamorak Lanzarote do Lago Lanzarote, Lancelote, Launcelot Lanzarote do Lago, O Cabaleiro da Carruaxe, O Cabaleiro Branco Fillo do Rei Ban, medio-irmán de Heitor e Pai de Galahaz. Criado por Viviane nun lago. Salvador e amante de Xenevra. Leodegrance Leodegrans, Léodagan Pai de Xenevra e Gardián da Táboa Redonda Lionel Leonel Fillo do Rei Bohort Lucan Maleagant Dicíase quer era fillo bastardo de Leodegrance e secuestrou e violou a Xenevra Mordred Mortret, Morderet (galego-portugués medieval) Xove deus cornudo Fillo ilexítimo de Artur e Morgana e destruidor do seu reino Morholt Palamedes O Sarraceno Pelleas Pellinore Pai de Elaine, muller que casou con Lancelot, e foi mai de Galahaz Perceval Peredur, Percival, Persifal, Parsifal, Parcival, Parzifal Perceval o Galés Fillo de Pellinore e, nalgunhas versións, vencedor da demanda do Graal Safir Irmán de Palamedes Sagramore Sagremor Sagramor, le Desrée Neto do emperador Adriano de Constantinopla Tor Tristán Tristan, Tristam Tristán de Lyonesse Tristán e Iseu Urien Rei de Gore, foi casado con Morgana, irmá de Artur

Segundo as varias versións da historia os vencedores da demanda do Graal foron Galahaz, Perceval ou Bohort.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Chrétien de Troyes; Owen, D. D. R. (tradutor) (1988). Arthurian Romances. Nova York: Everyman's Library. . Lacy, Norris J. (Ed.) (1 de abril de 1995). Lancelot-Grail: The Old French Arthurian Vulgate and Post-Vulgate in Translation, Volume 4 of 5. Nova York: Garland. . Malory, Thomas; Bryan, Elizabeth J. (introdución) (1994). Le Morte d'Arthur. Nova York: Modern Library. . Loomis, Roger Sherman (1997). Celtic Myth and Arthurian Romance. Academy Chicago Publishers. . Wilson, Robert H. The "Fair Unknown" in Malory. Publications of the Modern-Language Association of America (1943).

Categoría:Materia de Bretaña Categoría:Cabaleiros da Táboa Redonda Categoría:Historia do Reino Unido