miniatura| Torres no distrito de Danba, en Sichuan miniatura| Torres do período dos Xia do Oeste As torres do Himalaia son altas torres de pedra erixidas na rexión de Kham (noroeste de Sichuan e suroeste de Qinghai), habitada polos tibetanos, así como nos territorios poboados polos qiang en Sichuan e no Tíbet. Estas torres, construídas polas minorías étnicas do lugar, poden ser de distintas plantas (cadradas, hexagonais, octogonais, en estrela ou en cruz).
Algunhas das torres, situadas en lugares estratéxicos, funcionaban como torres de defensa ou vixilancia. Outras, próximas a vilas agrícolas situadas en rutas comerciais, poderían ser almacéns de alimentos. Nas rexións de Kongpo e Danba, as torres parecen destinadas a amosar o prestixio dunha familia no seo da comunidade. Outra teoría suxire que o seu uso era gardar o té nas zonas de Yunnan e Sichuan, onde a herba adoitaba trocarse por cabalos do Tíbet.
Nome En chinés, reciben o seu nome segundo a etnia correspondente. No caso das torres tibetanas, chámanse zàngmín gāodiāo (en ; lit. "Altas torres de pedra dos tibetanos"); as dos qiang, son qiāngzú diāolóu (en ; lit. "Casas de pedra dos qiang") ou, abreviadamente, qiāngdiāo (en ). Máis en xeral, este tipo de construcións son denominadas diāofáng (en ) ou diāolóu (en ), termos con connotacións defensivas.
Historia Cara ao final da dinastía Ming (1368-1644), os eruditos chineses describiron algunhas destas torres en varios reinos hoxe desaparecidos. No século XVIII, as torres de pedra e as fortificacións da antiga rexión de Gyalong (nas actuais prefecturas de Ngaba e Kardzé, en Sichuan) xogaron un papel importante na defensa dos dous reinos tibetanos de Rabden e Tsanlha contra as forzas imperiais dos Qing.
A primeira fonte occidental en mencionalas foi a exploradora Isabella Bird, a finais do século XIX. Frank Kingdon-Ward tamén as mencionou en 1935. O francés Michel Peissel afirmou descubrilas en 1982, e foron "redescubertas" por Mathieu Col en 1994.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Torres Categoría:Tíbet Categoría:Arquitectura do Tíbet Categoría:Arquitectura da China