Ramón Lojo Agrelo, nado na Boliña (Boiro) o 3 de agosto de 1905 e finado en Boisaca (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1937, foi un labrego galego.
Traxectoria Foi un dos promotores da sociedade agraria La Fraternidad. Foi detido pola súa actividade sindicalista tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e sinalado por recadar armas para o comité defensa da República en agosto de 1936. Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 1 de febreiro de 1937 xunto con Juan Outeiral, José Maceiras Vilasoa, Santiago Miranda Lapido, Bautista Torrado Rivadulla, Braulio Castro Gallardo e Rodrigo Álvarez Gantes e condenados a morte,El Diario de Pontevedra, 2-2-1937, p. 2. foron fusilados no cemiterio de Boisaca o 23 de febreiro de 1937.
Recoñecementos O BNG de Boiro recordou a Ramón Lojo Agrelo no Día da Galiza Mártir de 2015 e o seu nome foi inscrito no monumento que conmemora os represaliados do concello na rotonda de Cimadevila.
Vida persoal Casou en Taragoña con María Concepción Saborido Brea.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1937