O queperí (en guaraní: keperi) é un prato típico da gastronomía boliviana, máis concretamente do leste boliviano. O prato consiste esencialmente nun corte de carne, servido con diferentes guarnicións vexetais como acompañamento.

Descrición

O seu nome provén do corte de carne co que se prepara, tomado da parte baixa do abdome. Aínda que o consumo do queperí está moi estendido no territorio boliviano, parece ter a súa orixe nos departamentos de Pando, Beni e Santa Cruz.

Ingredientes O queperí consiste nunha ración de carne bovina, cocida ao forno ou frixida en aceite; acompañada de arroz con queixo, mandioca frixida e ensalada.

Notas

Categoría:Gastronomía de Bolivia Categoría:Pratos de carne