Aristófanes (448 a.C. - 380 a.C., en grego Ἀριστοφάνης) foi un cómico e dramaturgo grego. Escribiu máis de 40 comedias pero só se conservan once completas. Traducidas á lingua galega, publicáronse Nubes e Asemblearias, nun único volume, o número 7 da colección Clásicos en Galego, editado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.
Traxectoria miniatura|esquerda|Clásicos en Galego 7. Nubes e Asemblearias. Sonnos descoñecidos o lugar e a data do seu nacemento, mais posiblemente se educou en Atenas. Vivía no lugar de Kudathenaium. É famoso por ter escrito comedias como As aves para festas atenienses: as Grandes dionisíacas e a Lenea. En total escribiu corenta obras, once das cales chegaron ata nós, e que son os únicos exemplos superviventes da Comedia ática antiga. Moitas destas pezas tratan temas políticos. Adoitaban ser sátiras dos cidadáns máis famosos de Atenas ou a súa conduta na Guerra do Peloponeso. Foi acusado diversas veces de difamación. Unha comedia famosa, As ras, recibiu a honra insólita de ser repetida, e segundo un biógrafo posterior, foi premiada cunha coroa cívica.
Aristófanes aparece na obra O banquete de Platón, expondo unha explicación mitolóxica cómica da orixe do amor. Nubes, unha produción desastrosa que acabou nun humillante último posto nunha festa Dionisíaca, satiriza o novo ensino da sofística, tan de moda entre a aristocracia do momento; Sócrates será a vítima satirizada, aparecendo como un sofista. Lisístrata foi escrita durante a guerra con Esparta, e presenta o pacifismo de forma cómica: as mulleres de ambas as cidades deixan de ter sexo cos seus maridos ata que abandonen a loita.
Obra Consérvane un total de 11 comedias: Os acarnienses, no contexto da guerra entre Atenas e Esparta. Os cabaleiros Nubes, sátira sobre os sofistas, coma Sócrates. As vespas. A Paz. As aves. Lisístrata, sátira pacifista. As Tesmoforiantes. As ras, contra Eurípides. As asambleístas. Pluto.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Finados en -380