Non confundir con Vicente Díaz González (cantante), nado en Sotu'l Barcu, Asturias, en 1948.

Vicente Díaz y González, nado en Santalla de Valdoviño en 1870 e finado en Ferrol o 7 de xaneiro de 1941, foi un debuxante, paisaxista, retratista e miniaturista galego.

Traxectoria miniatura|300px|Eduardo Sánchez Miño, Vicente Díaz González, Wenceslao Fernández Flórez, Joaquín Arias de Miranda e José Fitor Cabot (1909). Viviu en Ferrol ata os trece ou catorce anos en que marchou a América. En Cuba dedicouse ao comercio. Despois da súa estadía americana, volveu a Galicia en xuño de 1893. O concello de Ferrol concedeulle unha pensión para continuar os seus estudos en Madrid. Durante os tres anos que permaneceu alí colaborou como ilustrador en Nuevo Mundo.

Volveu a Galicia en 1896 e foi profesor na Escola de Artes e Oficios de Ferrol onde tivo por alumnos a Valentín Castro Díaz e a Felipe Bello Piñeiro. Participou nos faladoiros da Cova Céltica e foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Retratou, entre outros, á raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, a Concepción Arenal (para a Deputación de Ourense), a frei Xoán Xacobe Fernández (para o centro Galego de Madrid), a Eladio Mille Suárez, ó mestre Chané, a José Canalejas, a Manuel Curros Enríquez, a Andrés Comerma e a Juana de Vega. Fixo unha miniatura de marfil de Eduardo VII do Reino Unido. Colaborou no bonaerense Almanaque Gallego de Manuel Castro López de 1900 a 1927. Hai obra súa no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense"Retrato de Alfredo Nan. Vicente Díaz y González" Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. e no Museo de Belas Artes da Coruña."Díaz González, Vicente" no Museo de Belas Artes da Coruña.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Bibliografía de pintura gallega: Vicente Díaz y González, (Valdoviño, 1870-Ferrol, 1941)

Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos