miniatura|dereita|350 px|Gangliósido GM1. A súa cabeza polar é un oligosacárido cun ácido N-acetilneuramínico (un ácido siálico) co seu grupo COOH (en amarelo) ionizado a pH celular. O GM1 (monosialotetrahexosilgangliósido) é o gangliósido prototípico, membro da serie ganglio dos gangliósidos que conteñen un residuo de ácido siálico. O GM1 ten importantes propiedades fisiolóxicas e afecta a plasticidade funcional e mecanismos de reparación e a liberación de neurotrofinas no cerebro. Ademais da súa función na fisioloxía do cerebro, o GM1 actúa como sitio de unión para a toxina colérica e a enterotoxina lábil á calor de Escherichia coli (diarrea do viaxeiro).
GM1 e enfermidades conxénitas As galactosidases son encimas que degradan o GM1, e a imposibilidade de eliminar o GM1 ten como resultado a gangliosidose GM1. As gangliosidoses GM1 son trastornos conxénitos que destrúen progresivamente as neuronas no cerebro e medula espiñal a medida que se acumula o GM1. Sen tratamento isto dá lugar ao declive do desenvolvemento e debilidade muscular, o que leva finalmente a un retardo grave e a morte.
GM1 e enfermidades adquiridas
Os anticorpos contra o GM1 aumentan na síndrome de Guillain–Barré, demencia e lupus, pero a súa función non está clara. Hai algunhas probas que suxiren que os anticorpos contra o GM1 están asociados coa diarrea na síndrome de Guillain–Barré.
Os anticorpos contra o GM1 tamén se presentan na neuropatía motora multifocal, unha rara neuropatía inflamatoria mediada por anticorpos.
GM1 e a toxina colérica A bacteria Vibrio cholerae producen unha toxina multimérica chamada toxina colérica. A toxina segregada únese á superficie das células da mucosa intestinal do hóspede ao unirse aos gangliósidos GM1. O GM1 consta dun oligosacárido que contén ácido siálico unido covalentemente a un lípido ceramida. A subunidade A1 desta toxina entrará nas células epiteliais intestinais coa asistencia da subunidade B por medio dun receptor que é o gangliósido GM1. Unha vez dentro, a subunidade A1 ribosila con ADP a subunidade Gs alfa, o que impide a súa actividade de GTPase. Isto bloquéaa no seu estado activo e así estimulará continuamente a adenilato ciclase. A actividade sostida da adenilato ciclase orixina un incremento continuado do AMPc, que causará a perda de electrólitos e auga, causando diarrea.
O receptor SGLT1 está presente no intestino delgado. Cando o paciente de cólera recibe unha solución que contén auga, sodio e glicosa, o receptor SGLT1 reabsorbe o sodio e a glicosa, mentres que a auga será absorbida pasivamente co sodio. Isto serve para recuperar a auga e os electrólitos perdidos na diarrea producida polo cólera.
Aplicacións terapéuticas Debido ao papel directo do GM1 nos mecanismos de reparación das neuronas, investigouse como posible fármaco par facer máis lenta ou mesmo reverter a progresión dunha ampla variedade de condicións neurodexenerativas. Estudos controlados en fase II indicaron que o GM1 pode aliviar os síntomas da enfermidade de Parkinson, probablemente ao contrarrestar a dexeneración da substancia negra, e seguiuse unha metodoloxía similar para intentar limitar os danos celulares causados pola necrose e apoptose que ocorren despois dunha lesión da medula espiñal aguda.
Galería
Notas
Categoría:Glicolípidos